
DÉPOR · 28 MAIO 2026
MÁIS DE 70 EMPRESARIOS DÉRONSE CITA NO SPONSOR DAY 2025-26, CLAUSURADO POLO PRESIDENTE JUAN CARLOS ESCOTET
O Club celebrou unha nova edición do seu Sponsor Day, un evento de fin de temporada que reuniu máis de 70 empresarios, patrocinadores e institucións nun encontro deseñado para fortalecer vínculos, xerar oportunidades e poñer en valor o papel do tecido empresarial no crecemento da entidade.O acto, celebrado no estadio ABANCA-RIAZOR nun ambiente de networking e colaboración, serviu para compartir a visión de futuro do Club e recoñecer o compromiso das empresas que forman parte do seu ecosistema.A xornada arrancou coa benvida institucional do conselleiro delegado Massimo Adalberto Benassi, que salientou a importancia das alianzas estratéxicas e o papel fundamental dos patrocinadores no desenvolvemento deportivo e empresarial do Club.A continuación, Jaime Blanco, Director da Oficina de Clubes de LALIGA, presentou unha análise sobre o impacto e o crecemento da temporada desde unha perspectiva de negocio, poñendo en valor a capacidade do deporte para xerar comunidade, notoriedade e oportunidades para as marcas.A gala continuou coa entrega de premios a diferentes empresas e entidades colaboradoras, recoñecendo a súa implicación e compromiso durante a temporada:-Premio ao Compromiso Social e RSC: FEIRACO-Premio á Traxectoria Compartida: Estrella Galicia-Premio á Alianza Estratéxica: ABANCA-Premio ao Impulso ao Fútbol Feminino: SALTOKI-Premio á Creatividade con Propósito: Bico de Xeado-Premio á Fichaxe do Ano: SOTELO-Premio ao Patrocinador da Tempada: BUALÁO evento foi clausurado polo presidente do Club, Juan Carlos Escotet Rodríguez, que quixo agradecer a confianza e fidelidade de todas as empresas que acompañan o proxecto, especialmente aquelas que estiveron presentes nos momentos máis complexos do camiño.A xornada concluíu cun cóctel e diferentes espazos de networking sobre o céspede, reforzando o obxectivo principal do evento: seguir construíndo relacións sólidas entre empresa e deporte.Con iniciativas como este Sponsor Day, o Club continúa consolidando unha comunidade empresarial cada vez máis forte, conectada e comprometida co crecemento conxunto.


BUALÁ renova o seu compromiso co RC Deportivo e continuará co...

O RC Deportivo habilita a cesión e a liberación de localidade...

R xa é colaborador oficial do Dépor para a temporada 2026-27

O Alevín A e o Benxamín A, campións do Mini Teresa Herrera

Visita ao Real Madrid este domingo 16 de agosto noutro esixen...

O Dépor ABANCA, xusto vencedor ante o FC Porto na 14ª edición...