RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un partido once contra once a campo completo, tarefa principal para un Dépor que neste primeiro tramo de liga "competiu moi ben"

DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2026

UN PARTIDO ONCE CONTRA ONCE A CAMPO COMPLETO, TAREFA PRINCIPAL PARA UN DÉPOR QUE NESTE PRIMEIRO TRAMO DE LIGA "COMPETIU MOI BEN"

Un partido once contra once no campo 2 foi a tarefa principal do Dépor na sesión deste xoves 12 de novembro, marcada por unha persistente chuvia.Marc Casadó, que participou con normalidade neste novo adestramento, cre que o equipo neste primeiro treito da temporada "competiu moi ben, algo importante nesta categoría".O mediocentro deportivista destaca que "se xogaron grandes partidos. Houbo outros máis complicados pero o equipo soubo competir e levar puntos. Iso vainos axudar a facer unha boa temporada".O cadro de xogadores arrancou previamente cunha activación con rondos.

alvarfragayriki1112.jpg

Bright Ede e Zakaria Eddahchouri realizaron adestramento personalizado despois de facer a primera parte co grupo; mentres que Nsongo Bil, Mella, Lucas Noubi, Giménez e Amatucci seguen concentrados coas súas respectivas seleccións nacionais.Noé, Martín Ochoa, Álvaro Fraga (na foto entre o texto) e Ferrán Seco foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres, Os Nosos realizarán a última sesión de traballo desta semana sen liga, a partir das 10:00 no Dépor Training Center.

  • luismi1112.jpg
  • loureiro1112.jpg
  • yeremay1112.jpg
  • german1112.jpg
  • casado1112.jpg