
DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2026
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA O PARTIDO ANTE O DEPORTIVO ALAVÉS DO SÁBADO 21 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 NO ESTADIO DE MENDIZORROZA
O RC Deportivo abre o prazo de solicitude de entradas para o partido ante o Deportivo Alavés que se disputará o vindeiro sábado 21 de novembro ás 14:00 horas en Mendizorroza.Un total de 280 entradas poñeranse á disposición dos abonados e abonadas do RC Deportivo.O prezo de cada entrada será de 30 euros.As persoas abonadas interesadas poderán realizar a súa solicitude desde hoxe xoves 12 de novembro ata o luns 16 ás 09:00 horas, premendo nesta ligazón.Cada abonado ou abonada poderá solicitar un máximo de 2 entradas. A presentación da solicitude non garante a súa adxudicación.No caso de que o número de entradas solicitadas supere as 280 localidades dispoñibles, o RC Deportivo realizará un sorteo público, que será retransmitido en directo a través da canle oficial do Club en YouTube.A data e a hora do sorteo comunicaranse unha vez rematado o prazo de solicitude.O Club informará directamente por correo electrónico ás persoas solicitantes do resultado do proceso, así como dos prazos para completar a compra e do procedemento de entrega das entradas.

José María Giménez enfróntase a Argentina este venres 13 de n...

Exixente proba para Amatucci con Italia sub-21 fronte a Franc...

Lucas Noubi visita este venres 13 de novembro a Alemaña sub-2...

David Mella, ante Xapón coa selección española sub-21 este ve...

O triunfo do Fabril FC Alevín este mércores 11 abriu unha nov...

Alberto Rodríguez ve as súas futbolistas "moi preparadas e co...