RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez ve as súas futbolistas "moi preparadas e con moitas ganas"

DÉPOR ABANCA · 11 NOVEMBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ VE AS SÚAS FUTBOLISTAS "MOI PREPARADAS E CON MOITAS GANAS"

Alberto Rodríguez afirmou este mércores 11 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center que o rendemento das canteirás "é bo tamén a nivel de competición. Estamos encantados de que veñan probarse e demostrar o seu nivel, que creo que o teñen".Desvela que tras a derrota en liga ante o Valencia CF Femenino "o día de onte foi unha mestura de sensacións entre recuperar a nivel emocional a todo o mundo, preparar o partido da Copa" pero hoxe xa "a tope e sen ningunha escusa, que estamos moi preparadas e con moitas ganas para o partido de mañá".Do CE Europa, rival na terceira rolda da Copa de la Reina este xoves 12 de novembro ás 20:00 horas no campo Nou Sardenya de Barcelona, opina que "é un equipo con bastante iniciativa co balón. Na casa ten moi bos resultados. Mesmo ao FC Ona Sant Adrià, que vai de líder cunha certa vantaxe, lle gañaron 3-1 no seu campo. O campo é máis pequeno do que estamos afeitos, de herba artificial. Entón hai que ter en conta todos eses condicionantes para adaptarnos e tratar de impoñer o noso ritmo".Alberto Rodríguez non considera que haxa "partidos asequibles. Hai diferenza de categorías e o noso traballo é demostrar que é así; pero a motivación do CE Europa pasa por contrarrestar ese nivel coa euforia de enfrontarse a un equipo de Primera División. Eu estiven moitas veces na outra parte e esa motivación é moi boa e moi bonita".Co FC Barcelona en liga o domingo 15 de novembro ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR subliña que "só pensamos no CE Europa" e "en ningún caso menosprezamos o CE Europa nin pensamos que vaia ser un partido fácil porque o ambiente, o campo, unha afección que aperta, iso tamén é unha proba máis para nós".

Real Club Deportivo de A Coruña