
CANTERA · 10 NOVEMBRO 2026
O PARTIDO DO FABRIL FC ALEVÍN ANTE A UD CARRAL ABRE ESTE MÉRCORES 11 UNHA NOVA SEMANA DE COMPETICIÓN EN ANOSACANTEIRA
Un partido adiántase a unha nova xornada de competición en ANOSACANTEIRA.O Fabril FC Alevín (na foto na xornada da pasada fin de semana), 4º na Primera Futgal A Coruña de fútbol 7, visita este mércores 11 de novembro a partir das 19:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans, á UD Carral.O conxunto local, con 1 punto, transita pola zona baixa da clasificación.O resto de encontros xóganse todos o sábado 14 de novembro.Salienta o primeiro partido do Fabril esta temporada en Primera Federación no campo Arsenio Iglesias. Será ante o Barakaldo CF a partir das 18:45 (Fan Play TV e TVG).Os fabrilistas veñen dunha inxusta derrota en Getxo ante o Arenas Club que os deixa con 11 puntos na 18ª posición.Pola súa banda, os vascos venceron no seu campo ao Real Unión por 2-0.Na casa compiten ademais o Xuvenil B (12:00 no Dépor Training Center ante o Bergantiños CF) e o San Tirso SD Infantil (12:15 no Monte ante o Atlético Coruña Montañeros CF); mentres que o Cadete xoga no campo santiagués da Merced ante o CD Conxo Santiago (11:15), o San Tirso SD Cadete en Albán (Coles) fronte ao UD Ourense (11:30) e o Infantil en Vilar de Astres ante o UD Ourense (12:00).En fútbol 7, a Ciudad Deportiva da Torre acolle os partidos do Alevín A e Benxamín A ante o Sada CF (10:00 e 12:00 respectivamente).Completa a xornada a visita do Fabril FC Benxamín ao UD Carral, ás 18:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans.Finalmente ten descanso ligueiro o Xuvenil A na División de Honor.

O calendario de partidos é o seguinte:Primera Federación12ª xornada: FABRIL - BARAKALDO CF, o sábado 14 de novembro ás 18:45 no campo Arsenio IglesiasClasificación: ... 12. Barakaldo CF, 12 puntos... 16. Zamora CF e CD Coria, 12 puntos; 18. Fabril e Arenas Club, 11 puntos; 20. UD Ourense, 8 puntosCategoría xuvenilClasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 25 puntos; 2. Xuvenil A, 24 puntos; 3. CD Lugo, 20 puntos...11ª xornada: XUVENIL B - BERGANTIÑOS CF, o sábado 14 de novembro ás 12:00 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: ... 4. Arosa SC, 18 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, Xuvenil B e CD Areosa, 16 puntos; 8. Racing de Ferrol, 15 puntos... 14. Bergantiños CF, 8 puntos...Categoría cadete10ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE, o sábado 14 de novembro ás 11:15 na Merced (Conxo, Santiago)10ª xornada: UD OURENSE - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 14 de novembro ás 11:30 no campo de Albán (Coles)Clasificación da División de Honor: 1. Cadete, 27 puntos; 2. RC Celta, 24 puntos... 6. Bergantiños CF, 15 puntos; 7. San Tirso SD Cadete e Coruxo FC, 13 puntos; 9. CD Lugo, 12 puntos... 13. UD Ourense, 8 puntos... 15. CD Conxo Santiago, 6 puntos...Categoría infantil10ª xornada: UD OURENSE - INFANTIL, o sábado 14 de novembro ás 12:00 en Vilar de Astres (Ourense)10ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 14 de novembro ás 12:15 no MonteClasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 27 puntos; 2. Infantil, 24 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 21 puntos; 4. Racing de Ferrol, 18 puntos; 5. San Tirso SD Infantil e Ural Español CF, 15 puntos; 7. ED Xuventude de Oroso, 14 puntos... 11. UD Ourense, 10 puntos... 14. Atlético Coruña Montañeros CF, 6 puntos...Categoría alevín9ª xornada: ALEVÍN A - SADA CF, o sábado 14 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 1.2)9ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC ALEVÍN, o mércores 11 de novembro ás 19:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 21 puntos; 3. Ural Español CF, 19 puntos; 4. Fabril FC Alevín e CD Calasanz, 16 puntos; 6. SD Acea de Ama, 14 puntos... 10. Sada CF, 10 puntos... 15. UD Carral, 1 punto...Categoría benxamín9ª xornada: BENXAMÍN A - SADA CF, o sábado 14 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 1.2)9ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 14 de novembro ás 18:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 24 puntos; 2. Ural Español CF, 19 puntos; 3. Victoria CF, Fabril FC Benxamín, Atlético Coruña Montañeros CF e CD Calasanz, 18 puntos; 7. Santa Cruz CF, 16 puntos... 10. Sada CF e UD Carral, 10 puntos...

Cita ligueira entre semana para o Dépor ABANCA, ante a Real S...

Bright Ede completou este martes co grupo a primeira das catr...

Os abonados e abonadas poden retirar a súa invitación obrigat...

Alberto Rodríguez séntese "un pouco triste porque non se favo...

As Nosas regresan de novo este martes 10 ao Dépor Training Ce...

Inxusta derrota do Dépor ABANCA ante o Valencia CF como conse...