
DÉPOR · 10 NOVEMBRO 2026
BRIGHT EDE COMPLETOU ESTE MARTES CO GRUPO A PRIMEIRA DAS CATRO SESIÓNS PREVISTAS NO DÉPOR PARA ESTA SEMANA SEN FÚTBOL DE COMPETICIÓN
Bright Ede encara a recta final da súa recuperación.O central polaco completou este martes 10 de novembro co grupo o primeiro dos catro adestramentos previstos por Antonio Hidalgo nesta semana sen fútbol de competición polos compromisos das seleccións nacionais.Por este motivo, Mella, Lucas Noubi, Nsongo Bil, Amatucci e Giménez non estiveron na instalación branquiazul.Así pois, tan só Eddahchouri alterna tarefas co grupo e tarefas co readaptador, Nando Rodríguez.O corpo técnico dispuxo esta tarde chuviosa unha activación con rondos, un xogo de posición e un partido a medio campo.O Dépor arrinca a semana tras sumar no RCDE Stadium ante o RCD Espanyol un punto de moito valor. Un empate traballado desde o oficio, a solidariedade e a capacidade de resposta colectiva.O encontro esixiu un importante exercicio de resistencia e concentración, especialmente ante os contratempos de saúde que afectaron a algúns xogadores durante a xornada. O equipo soubo adaptarse, responder e manter o seu compromiso ata o final fronte a un rival especialmente motivado e arroupado pola súa afección.Hai partidos cuxo valor supera o número de puntos que reflicte o marcador. O do RCD Espanyol é un deles polo que esixiu, pola resposta do equipo e polo que representa para a confianza do grupo.Tamén por novas positivas como o regreso de Marc Casadó. Recuperar efectivos e comprobar como o grupo mantén a súa cohesión ante as dificultades son tamén avances importantes para construír unha temporada.Con este empate, o Deportivo alcanza os 15 puntos, un terzo dos 45 necesarios para o obxectivo da permanencia. Un avance que convida a seguir traballando coa mesma esixencia, prudencia e determinación. O camiño é longo, pero actuacións como a do RCDE Stadium reforzan unha convicción: a forza deste equipo está na súa capacidade para competir unido e atopar respostas cando máis se necesitan.Este mércores 11 de novembro Os Nosos adéstranse a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Os abonados e abonadas poden retirar a súa invitación obrigat...

Alberto Rodríguez séntese "un pouco triste porque non se favo...

As Nosas regresan de novo este martes 10 ao Dépor Training Ce...

Inxusta derrota do Dépor ABANCA ante o Valencia CF como conse...

Semana sen fútbol e sen internacionais no Dépor

Parte médico de Millene Cabral