
DÉPOR · 11 NOVEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO TOMARÁ MEDIDAS ANTE A REVENDA DE ABONOS E ENTRADAS
O RC Deportivo, no marco das súas competencias e en protección dos seus intereses e dos da súa masa social, está a supervisar todo tipo de plataformas dixitais e diversas redes sociais a través do seu Departamento de Seguridade co obxectivo de detectar anuncios e ofertas que teñan por obxecto a comercialización fraudulenta de entradas e títulos de abono de temporada do Club.De conformidade coa normativa interna do Club, de obrigado cumprimento para todo abonado e adquirente dunha entrada, ante a identificación deste tipo de comportamentos procederase á incoación inmediata de expedientes disciplinarios sancionadores ao respecto. Estas actuacións poderán derivar, ao tratarse dunha infracción moi grave segundo a devandita normativa, na prohibición de acceso ás instalacións deportivas onde se celebren acontecementos ou espectáculos deportivos organizados ou xestionados polo RC Deportivo por un período comprendido entre 2 e 5 anos, e na perda da condición de abonado durante o mencionado período de sanción.Así mesmo, a totalidade dos expedientes e indicios recollidos serán formalmente postos en coñecemento das autoridades competentes, co obxecto de que se instrúan as dilixencias oportunas para a depuración das responsabilidades adicionais que igualmente puidesen existir neste ámbito para as persoas infractoras.O RC Deportivo reitera a súa tolerancia cero ante prácticas especulativas e fraudulentas como as descritas, que vulneran os dereitos do Club así como os do deportivismo, e adoptará cantas medidas sexan necesarias durante a temporada para previlas e erradicalas.O Club lembra tamén aos seus abonados que, no caso de non poder asistir a algún dos encontros, teñen á súa disposición o sistema de liberación de asentos, que pode realizarse a través da seguinte ligazón ou mediante a aplicación oficial do RC Deportivo.

Alberto Rodríguez ve as súas futbolistas "moi preparadas e co...

O Dépor ABANCA afronta "con rabia" e "con moitísima ilusión" ...

Antonio Hidalgo mantén un alto ritmo de traballo no Dépor a p...

Esgotadas as entradas de público para o FC Barcelona, a parti...

Primeiro encontro de Nsongo Bil ante Namibia, este xoves 12 n...

O partido do Fabril FC Alevín ante a UD Carral abre este mérc...