
DÉPOR ABANCA · 11 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR ABANCA AFRONTA "CON RABIA" E "CON MOITÍSIMA ILUSIÓN" A SÚA ESTREA NA COPA DE LA REINA ESTE XOVES 12 ÁS 20:00 ANTE O CE EUROPA
O Deportivo ABANCA visita o CE Europa este xoves 12 de novembro ás 20:00 horas no Estadio Nou Sardenya de Barcelona nun partido correspondente á terceira eliminatoria da Copa de la Reina.As Nosas chegan a esta estrea na presente edición copeira tras a dolorosa derrota sufrida o pasado luns na liga ante o Valencia CF Femenino en ABANCA-RIAZOR nun partido condicionado polos graves erros arbitrais.Alberto Rodríguez asegura que o seu equipo afronta a Copa "con rabia. Non estamos contentas co resultado do outro día, si con algunhas cousas que sucederon no partido. Con outras non tanto".Tamén fala de "moitísima ilusión" no Dépor ABANCA por esta competición: "É moi motivante para nós. Chega entre semana. Hai que cambiar rápido a enerxía e ser mentalmente fortes para afrontalo coas maiores garantías. Así que preparadas e motivadas para ese partido ante o CE Europa".Lembra que ten as mesmas baixas que ante o Valencia CF Femenino o pasado luns (Merle Barth, Espe Pizarro, Millene, Eva Alonso e Inês Pereira): "Están nas fases intermedias das súas respectivas lesións. Todas elas iniciando procesos de readaptación previos a saltar ao campo. Nin para este partido nin para o do Barça poderemos contar con elas".O técnico deportivista recoñece que "cando a un equipo lle faltan xogadoras sempre trastorna, e os adestramentos diarios incluso máis que os plans de partido, posto que a nosa maneira de entender o adestramento é que o día a día sexa o máis competitivo posible".Conclúe que son "situacións pouco controlables, na maioría dos casos por situacións de competición. Non nos detemos aí. Desexamos que volvan o antes posible e centrámonos no que vén por diante".

Pola súa parte, o CE Europa milita no grupo 2º de Segunda Federación e a pasada fin de semana derrotou en liga por 1-0 ao Levante UD B.As catalás marchan na 5ª posición con 13 puntos.Na segunda rolda copeira o CE Europa goleou (4-0) ao Villarreal CF e na primeira eliminatoria superou na quenda de penaltis (2-4) ao SE AEM tras rematar o partido en empate (1-1).A súa adestradora afirma que os partidos de Copa son "máxicos. A afección fai que pasen cousas. As xogadoras fan que pasen cousas para a afección"; e espera un Nou Sardenya que "anime, que faga forza".O Dépor ABANCA realizou este mércores 11 de novembro un último adestramento no Dépor Training Center antes de viaxar a Barcelona con esta folla de ruta:18:50: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Barcelona Josep Tarradellas-El Prat.20:30 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto e traslado ao hotel Exe Parc del VallésXoves 12 de novembro20:00: CE Europa - Deportivo ABANCA en Nou SardenyaVenres 13 de novembro6:35: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona Josep Tarradellas-El Prat8:15 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de A Coruña9:00: Adestramento no Dépor Training Center
Foto: CE Europa


O triunfo do Fabril FC Alevín este mércores 11 abriu unha nov...

Alberto Rodríguez ve as súas futbolistas "moi preparadas e co...

O RC Deportivo tomará medidas ante a revenda de abonos e entr...

Antonio Hidalgo mantén un alto ritmo de traballo no Dépor a p...

Esgotadas as entradas de público para o FC Barcelona, a parti...

Primeiro encontro de Nsongo Bil ante Namibia, este xoves 12 n...