
DÉPOR · 11 NOVEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO MANTÉN UN ALTO RITMO DE TRABALLO NO DÉPOR A PESAR DE NON HABER LIGA A FIN DE SEMANA
Antonio Hidalgo mantén un alto ritmo no Dépor a pesar de ser unha semana sen competición ligueira polos compromisos das seleccións nacionais.De feito, por este motivo un total de 5 futbolistas están cos seus combinados nacionais: Mella, Nsongo Bil, Lucas Noubi, Amatucci e Giménez.O Dépor adéstrase tras un encontro ante o RCD Espanyol, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, no que deixou a súa portería a cero por primeira vez esta temporada co menor xG (goles esperados) (0,6967) do curso; xusto por debaixo do seu anterior xG mínimo (0,7292) no partido ante o Sevilla FC.As 4 paradas de Leo Román no RCDE Stadium serviron para poñer fin a unha serie de 11 partidos encaixando.
Neste parón, o Dépor é o segundo equipo que máis puntos suma, un total de 5, a partir do minuto 85; só por detrás do Real Madrid (6).Ademais, é o que menos goles recibiu desde o minuto 80, soamente 1. Ademais, comparte co Real Madrid o rexistro de non ter encaixado desde o 85 e é 4º en porcentaxe de duelos gañados (50,98%), tras Real Madrid, Betis e Barcelona.Con estas boas estatísticas, o cadro realizou esta mañá, baixo a choiva, unha activación con rondos, unha tarefa de finalizacións, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Todos os futbolistas estiveron sobre o céspede, incluído Zakaria Eddahchouri, que realiza parte do traballo co grupo e parte co readaptador, Fernando Rodríguez.Este xoves 12 de novembro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Esgotadas as entradas de público para o FC Barcelona, a parti...

Primeiro encontro de Nsongo Bil ante Namibia, este xoves 12 n...

O partido do Fabril FC Alevín ante a UD Carral abre este mérc...

Cita ligueira entre semana para o Dépor ABANCA, ante a Real S...

Bright Ede completou este martes co grupo a primeira das catr...

Os abonados e abonadas poden retirar a súa invitación obrigat...




