RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo ve o seu Fabril en Primera Federación "aprendendo"

DÉPOR FABRIL · 12 NOVEMBRO 2026

MANUEL PABLO VE O SEU FABRIL EN PRIMERA FEDERACIÓN "APRENDENDO"

Manuel Pablo manifestou que o seu Fabril en Primera Federación está "aprendendo. Entramos ben na categoría pero tes que seguir avanzando. Nesas primeiras xornadas hai moitos cambios. Equipos que están abaixo despois encadean xeiras positivas, outros en xeiras positivas encadean xeiras negativas".Recalca que "estamos intentando aprender da esixencia da categoría. Tes que estar moito máis concentrado, cada segundo metido no partido. Son aprendizaxes que temos que facer e no día a día intentar corrixir eses aspectos. Hai que intentar englobar todo para que cada vez sexamos mellores nesas facetas que ás veces nos custan".De feito confesa que non lle gustan "os momentos de desconexión que temos nos partidos. No día a día enfrontámonos entre nós, somos rapaces todos e non se che nota. Nos partidos hai momentos de desconexión, de baixar a cabeza, de non estar conectado nun balón parado. Non darlle importancia ao minuto a minuto. Aí esta categoría é máis diferente de Segunda Federación e é onde sacan partido os equipos. É o que estamos traballando no día a día, intentar darlle máis importancia a todo, saber manexar situacións de risco, que non nos dea medo despexar un balón".Por outra parte, o técnico deportivista advirte que o Barakaldo CF, rival este sábado 14 de novembro ás 18:45 (TVG e Fan Play TV) no campo Arsenio Iglesias é "dos máis físicos da categoría, dos máis constantes no que fan, de moitos duelos, apertan moi forte".Por conseguinte apunta que "nos temos que poñer á altura da súa esixencia física. Hai moitos duelos e non podemos pensar que só co noso xogo podemos gañar. Os rivais márcanche esixencias e ti tes que intentar estar a esa altura".Engade Manuel Pablo que o conxunto vasco "xoga moi vertical, acumula moita xente en ataque e xoga moi rápido. Marcou bastantes goles de centros laterais. Temos que intentar reducir todas esas situacións".

Real Club Deportivo de A Coruña