
DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2026
MARC CASADÓ: "O SERVIZO MÉDICO DO RC DEPORTIVO FIXO UN TRABALLO INCRIBLE, QUE POIDA VOLVER MOITO ANTES"
Marc Casadó foi o protagonista na sala de prensa do Dépor Training Center.Cualifica de "complicado" o seu proceso de recuperación da fractura de clavícula: "Cando cheguei tiña moitas ganas de xogar moitos partidos e de poder axudar ao equipo. Ao principio da temporada chegou esa lesión. Cando me operei e me dixeron que serían 3 meses xa sabía que ía loitar para volver o antes posible. Estiven en Barcelona co Barça e cun preparador físico no que confío moito e que me axudou moitísimo. Ao volver, o Servizo Médico do RC Deportivo fixo un traballo incrible, que puidese volver moito antes".Recalca que "tiña claro que ía facer todo o posible para acurtalo. Esgotei todas as opcións para que así fose. Fixen todo o posible para poder axudar ao equipo o antes posible. E conseguímolo. O importante é que a zona da lesión non se resente nada, non a noto para nada nin nos adestramentos nin nos partidos. Iso é o máis importante".O mediocentro deportivista apunta que ao regresar de Barcelona "todo o traballo da parte médica do Deportivo e a volta ao campo foi inmellorable. Estou moi contento".Casadó afirma que ante o RCD Espanyol "sentíame preparado xa para xogar, o médico deume o visto e prace, todo o mundo estaba de acordo. Falamos co Barça para ver se eles daban o visto e prace e así foi".Finalmente subliña que "a clavícula está perfecta. En ningún momento en toda a recuperación notei algo que me fixese parar. Notoa como nova. É certo que agora falta traballar o resto de aspectos musculares para estar preparados para os ritmos de partido, pero nótome moi ben tamén nesa parte".

As Nosas regresan este venres 13 a primeira hora da mañá dire...

Nsongo Bil marca o seu segundo gol con Camerún na vitoria por...

Un gol de Marisa no minuto 92 mete ao Dépor ABANCA nos oitavo...

Manuel Pablo ve o seu Fabril en Primera Federación "aprendend...

Un partido once contra once a campo completo, tarefa principa...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...