RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un gol de Marisa no minuto 92 mete ao Dépor ABANCA nos oitavos de Copa nun partido ante o CE Europa "con moito ambiente"

DÉPOR ABANCA · 12 NOVEMBRO 2026

UN GOL DE MARISA NO MINUTO 92 METE AO DÉPOR ABANCA NOS OITAVOS DE COPA NUN PARTIDO ANTE O CE EUROPA "CON MOITO AMBIENTE"

O Deportivo ABANCA venceu por 0-1 ao CE Europa este xoves 12 de novembro no Estadio Nou Sardenya de Barcelona nun partido correspondente á terceira eliminatoria da Copa de la Reina.Así pois, As Nosas clasifícanse para os oitavos de final grazas a un gol de Marisa no minuto 92.Alberto Rodríguez destaca que houbo "moito ambiente. Hai que felicitar ao CE Europa pola organización e polo partido que realizou".As catalás, que transitan pola zona alta do grupo 2º de Primera Federación, eliminaron nas eliminatorias anteriores ao Villarreal CF e ao SE AEM.Foron baixa por lesión no Dépor ABANCA Merle Barth, Espe Pizarro, Millene, Eva Alonso e Inês Pereira.Pola súa parte, Antía Mayo (na foto inferior), que debutou ademais no primeiro equipo saíndo de inicio, Laura Ruiz e Karla foron as representantes de ANOSACANTEIRA.A primeira parte foi de dominio do Dépor ABANCA.Así o admitiu na rolda de prensa pospartido Alberto Rodríguez: "Estivemos mellor asentadas en campo contrario".A primeira oportunidade clara foi para Michi Apóstol que, tras unha boa acción persoal pola banda dereita, favorecida por un rexeitamento, quedou soa ante a gardameta Mar pero o seu remate, tras tocar na porteira, sácao a defensa catalá case na mesma liña de gol.Probou Lucía Rivas desde a frontal da área cun disparo raso axustado ao pau dereito pero volveu responder Mar con acerto.Con 0-0 chegouse ao descanso.

vega1112.jpg

Tras o paso polos vestiarios, Paula Hernández intenta colocar o balón na escuadra esquerda da portería do CE Europa pero o balón marchou lixeiramente alto.O técnico deportivista explica que "intentamos buscar máis arriba pero as dimensións, a pouca luz e que non estivemos de todo precisas co balón fixeron que estivésemos un pouco máis incómodas".Intentouno o CE Europa cun triplo remate tras un saque de esquina que a defensa deportivista logrou bloquear nas 3 ocasións.A piques estivo de marcar Antía Mayo nunha indecisión entre a defensa e a porteira local. A canteirá adiantouse a Mar pero non logrou axustar o seu remate, que marchou alto por moi pouco.Alberto Rodríguez dá entrada a Marisa, Ainoa e Vega por Antía Mayo, Olaya e Michi Apóstol buscando un cambio de ritmo no partido.Avisou Marisa cun remate de cabeza alto a centro de Vega desde a banda esquerda.A oportunidade máis clara do CE Europa para adiantarse no marcador chegou na recta final cun remate de cabeza nunha contra de Pubill que marcha rozando o pau esquerdo da portería de Tarazona.O partido e a eliminatoria decidíronse no minuto 92.Tras un saque de esquina, Marisa conecta un remate de cabeza entrando desde atrás que supera a Mar e vale a clasificación para os oitavos de final."Un balón parado deunos a vitoria, así que estamos moi contentas e xa con ganas da seguinte rolda", concluíu Alberto Rodríguez.CE Europa: Mar, Serrat (Vendrell, min. 67), Rojo, Aina (Anón, min. 46), Fernández (Pubill, min. 77), Martínez, Andrino (Arcos, min. 67), Mariana (Lobo, min. 85), Márquez, Haizea e Del RíoDeportivo ABANCA: Tarazona, Sofía Domínguez (Adri, min. 67), Paula Novo, Carla Casti, Monteagudo, Paula Hernández, Olaya (Ainoa, min. 55), Lucía Rivas (Karla, min. 77), Michi Apóstol (Vega, min. 55), Eva Dios e Antía Mayo (Marisa, min. 55)Árbitra: Lorena del Mar Trujillano, do comité andaluz. Amoestou a Ainoa (min. 74) e Paula Hernández (min. 86)Gol: 0-1 Marisa (min. 92)Incidencias: partido disputado no Estadi Nou Sardenya de Barcelona

antiamayo1112.jpg