RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nsongo Bil marca o seu segundo gol con Camerún na vitoria por 2-0 ante Namibia e lidera o seu grupo da Copa de África

DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2026

NSONGO BIL MARCA O SEU SEGUNDO GOL CON CAMERÚN NA VITORIA POR 2-0 ANTE NAMIBIA E LIDERA O SEU GRUPO DA COPA DE ÁFRICA

Nsongo Bil está concentrado coa selección absoluta de Camerún para disputar dous partidos ante Namibia correspondentes á 3ª e 4ª xornada da Copa de África de nacións.O primeiro deles celebrouse este xoves 12 de novembro no Stade Omnisport da cidade camerunesa de Douala.Venceron os cameruneses por 2-0, cun gol do dianteiro deportivista, o seu segundo coa selección absoluta do seu país.Nsongo Bil foi titular e estivo no céspede 80 minutos, momento no que foi substituído por Bikoue.Con este resultado, Camerún lidera o grupo G con 7 puntos despois de 3 partidos disputados.A segunda cita entre ambas as seleccións está fixada para o luns 16 de novembro ás 13:00 (hora local, 14:00 en Galicia) no Botswana National Stadium de Gaborone (Botsuana).O calendario de partidos de Nsongo Bil, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Xoves 12 de novembroCAMERÚN 2 - NAMIBIA 0Luns 16 de novembro13:00 (hora local, 14:00 en Galicia): NAMIBIA - CAMERÚN, no Botswana National Stadium de Gaborone (Botsuana)Ata a data, Nsongo Bil suma 12 partidos disputados na súa primeira temporada en LaLiga EA Sports, 11 deles como titular, nos que anotou 2 goles.