
FUNDACIÓN · 19 MAIO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR ABANCA - RCD ESPANYOL DO MÉRCORES 27 ÁS 21:00
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste mércores 27 de maio ás 21:00 horas ante o RCD Espanyol, activa a Grada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina un amplo cupo de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se fan públicas as entidades que fan uso da grada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible neste enlace.A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. do luns 25 de maio ás 12:00.

O partido ante a UD Las Palmas en ABANCA-RIAZOR, último de li...

O Dépor comeza este mércores 20 de maio a preparar o partido ...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

O Dépor ABANCA inicia este martes 19 no Dépor Training Center...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...