
DÉPOR · 19 MAIO 2026
O DÉPOR COMEZA ESTE MÉRCORES 20 DE MAIO A PREPARAR O PARTIDO DE VALLADOLID COA PAIXÓN QUE SOSTIVO AO EQUIPO E A ANOSAFORZA EN CADA PASO DO CAMIÑO
O Dépor goza este martes 19 de maio dunha xornada de descanso antes de comezar este mércores 20 a preparar o partido deste domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio José Zorrilla ante o Real Valladolid CF.E farao coa mesma paixón que sostivo ao equipo e a ANOSAFORZA en cada paso do camiño. O orgullo polo escudo e pola historia que representa o RC Deportivo impulsou a todos a honrar o legado construído durante xeracións. O inconformismo foi o motor competitivo dun grupo que nunca deixou de querer máis, mesmo nos momentos máis complexos. Tamén o compromiso, entendido como a responsabilidade de representar non só a un club, senón a toda unha cidade e a toda Galicia, guiou cada decisión e cada esforzo diario.O triunfo ante o FC Andorra, cuxos mellores momentos podes revivir no vídeo entre estas liñas, deixou a Os Nosos en 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 74 puntos por 78 do Real Racing Club (1º) e 71 da UD Almería (3º).A vitoria certificou matematicamente a clasificación para o play off de ascenso e permitiu, ademais, situar ao equipo a só un triunfo de Primera División.Neste percorrido hai moitos meses de traballo, esforzo e esixencia máxima. Un camiño marcado tamén por dificultades, preocupacións e críticas, afrontadas sempre desde uns valores que forman parte da identidade do Club e de toda a familia deportivista.A unidade, desde a bancada até o vestiario, desde Abegondo até cada recuncho onde late o deportivismo, converteu este desafío nun obxectivo colectivo.E se algo explica este percorrido é tamén a teimosía. A capacidade de erguerse, resistir, aprender e volver máis fortes.Unha forma de entender o deporte e a vida que acompaña ao Club desde a súa orixe e que volve reflectirse agora.
Antonio Hidalgo dispuxo de 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center, a última, a do sábado 23, arrancará ás 11:30 para, ao concluír, viaxar a Valladolid por estrada.O plan de traballo, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é o seguinte:Mércores 20 de maio10:30 h.Xoves 21 de maio10:30 h.Venres 22 de maio10:30 h.Sábado 23 de maio11:30 h.Domingo 24 de maio
18:30: Real Valladolid - Deportivo, no Estadio José Zorrilla


A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-R...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

O Dépor ABANCA inicia este martes 19 no Dépor Training Center...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...

Dous grupos de traballo este luns 18 de maio no Dépor Trainin...