RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Dous grupos de traballo este luns 18 de maio no Dépor Training Center

DÉPOR · 18 MAIO 2026

DOUS GRUPOS DE TRABALLO ESTE LUNS 18 DE MAIO NO DÉPOR TRAINING CENTER

O Dépor regresou aos adestramentos este luns 18 de maio coa plantilla dividida en dous grupos de traballo.Os titulares ante o FC Andorra en ABANCA-RIAZOR, cuxas mellores imaxes podes ver ao pé da noticia, tiveron unha xornada de recuperación física. Así, tras unha activación e unha roda de pases co grupo no campo 3 pasaron a continuación ao ximnasio e á sala de fisioterapia.Para o resto dos membros da plantilla houbo ademais un traballo de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

20260518_mulattieri.jpg

Mella e Riki estiveron con adestramento personalizado; mentres que, ademais do titular Bil, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este martes 19 hai xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o mércores 20 de maio a partir das 10:30 no Dépor Training Center para comezar a preparar a visita ao Real Valladolid prevista para este domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio José Zorrilla.Antonio Hidalgo, na rolda de prensa pospartido, quixo "animar a ANOSAFORZA a que estea con nós. Esa sensación de poderío coa nosa xente é moi grande e darlles as grazas polo tremendo apoio que nos dan".

  • 20260518_eddahchouri.jpg
  • 20260518_mella.jpg
  • 20260518_bil.jpg
  • 20260518_fuegosandorra.jpg
  • 20260518_tifoandorra.jpg