
DÉPOR · 17 MAIO 2026
EDDAHCHOURI VE O DÉPOR COMO UN "GRAN EQUIPO" E VILLARES RECALCA QUE "EMPURRAMOS ATA QUE PITA O ÁRBITRO E ISO DÁ OS SEUS FROITOS".
Zakaria Eddahchouri e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR unha vez concluído o encontro ante o FC Andorra.O dianteiro holandés asegura estar "moi contento polos 3 puntos. É un sentimento moi grande cando marquei o gol e o apoio de ANOSAFORZA foi tamén moi bo".Confesa que a celebración do seu gol, co banderín de córner, débese a que "son moi instintivo e pensei niso nese momento".Eddahchouri opina que o Dépor ten "un gran equipo. Estamos todos xuntos. Cando saio do banco penso en axudar o equipo".Finalmente pide agora ir "pouco a pouco e preparar o partido de Valladolid durante a semana".
Pola súa banda, Diego Villares confesa que no vestiario deportivista hai "alegría contida pero alegría ao fin e ao cabo. Agás nos primeiros minutos da primeira parte sometéronnos moito a través do balón ata que fixemos un pequeno axuste por dentro. A partir de aí controlamos un pouco máis, soubemos defendelos un pouco mellor e na segunda parte fomos claros merecedores da vitoria".O capitán deportivista cre que ANOSAFORZA é "fundamental. Dános ese plus. Hoxe vese perfectamente. Case 30.000 persoas un día máis. Precisamos o último paso todos xuntos para poder conseguilo".O centrocampista blanquiazul subliña que "cremos todos ata o final, empurramos ata que pita o árbitro e iso dá os seus froitos".

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...