RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai que seguir insistindo e sufrindo até o final"

DÉPOR · 17 MAIO 2026

ANTONIO HIDALGO: "ESTAMOS FACENDO UN TRABALLO BRUTAL PERO HAI QUE SEGUIR INSISTINDO E SUFRINDO ATÉ O FINAL"

Antonio Hidalgo deixou claro na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o partido do vindeiro domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio José Zorrilla ante o Real Valladolid "ímonolo tomar como un partido que hai que preparar contra un rival que nolo vai poñer moi complicado, que vai xogar diante da súa afección".Admite iso si que en Valladolid "a cantidade de puntos dános a posibilidade de conseguir o obxectivo. Imos estar tranquilos, ver como vai a semana e preparalo da mellor maneira".O técnico deportivista lembra que "o FC Andorra ía ter o balón, a meternos en situacións nas que non estamos de todo cómodos; e a partir de aí fomos madurando o partido, axustando. Puxeron moi alto a Martí Vilà e iso desaxustábanos a presión. Unha vez que o puidemos detectar e o puidemos igualar, especialmente ao final da primeira parte, estivemos máis cómodos e custoulles máis ter esa posesión".Finalmente Antonio Hidalgo recalca que o equipo "fisicamente rematou moi ben. Evidentemente cansos, extenuados algúns xogadores"; ao tempo que asegura que "temos que ir xestionando as cabezas de todo o mundo, sabendo que temos unha cantidade de puntos enorme e que estamos facendo un traballo brutal, pero hai que seguir insistindo e sufrindo ata o final. Cando digo sufrir é sufrir dunha maneira bonita".