
CANTERA · 17 MAIO 2026
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CO DÉPOR ABANCA B SUBCAMPIÓN DO TORNEO ATLÁNTICAS
O calendario de partidos de ANOSACANTEIRA feminina pasou esta fin de semana polo estadio Santa Isabel de Santiago, escenario do Torneo Atlánticas para o Deportivo ABANCA B.Este sábado 16 de maio xogouse a Primeira Fase con estes rivais para As Nosas: Victoria FC, As Celtas, Famalicao FC e SC Braga.O filial deportivista, con 2 triunfos, 1 empate e 1 derrota, clasificouse para a final deste domingo 17 de maio.O rival do Deportivo ABANCA B foi o SC Braga, que venceu por 0-3.Así pois, As Nosas colgáronse a medalla de prata.Completou a xornada dominical o encontro da Primera Autonómica UD Carral 0 - Orzán SD Xuvenil 2.Con este resultado, as orzanistas suman 26 puntos na 12ª posición.Este sábado 16 rematou a liga o Orzán SD Cadete, con triunfo por 0-9 en Lugo ante o SCD Milagrosa B.As orzanistas, con 65 puntos despois de 21 partidos gañados, 2 empatados e 1 perdido, son segundas tras o Victoria CF, campión con 67 puntos.O Orzán SD Cadete anotou 147 goles e recibiu unicamente 8.Tamén se xogou a última xornada na Fase polo Título da Liga Galega infantil.Neste caso o Orzán SD dobregou por 5-1 na Torre ao Racing de Ferrol.Con este resultado, as orzanistas, con 17 puntos, foron subcampioas galegas tras As Celtas, que alcanzaron os 19 puntos.O Orzán SD Infantil A gañou 5 partidos e empatou 2 nesta Fase polo Título, con 27 goles a favor e tan só 4 en contra.E así mesmo finalizou o Orzán SD Infantil B a Fase Plata, con vitoria por 0-2 en Eirís ante o Silva SD.As orzanistas, con 10 puntos tras 3 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos, remataron en 4ª posición.O Orzán SD Infantil B anotou 9 dianas e recibiu 16.Os resultados foron os seguintes:Segunda FederaciónTorneo Atlánticas no Estadio de Santa Isabel (Santiago de Compostela)Sábado 16 de maioPrimeira FaseVICTORIA FC 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0AS CELTAS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Karla)DEPORTIVO ABANCA B 0 - SC BRAGA 0DEPORTIVO ABANCA B 3 (Noelia Mayo, Jenny Corros e Karla) - FAMALICAO FC 1Domingo 17 de maioFinalDEPORTIVO ABANCA B 0 - SC BRAGA 3Primeira Autonómica28ª xornada: UD CARRAL 0 - ORZÁN SD XUVENIL 2 (Carmen Couto e Azucena Fidalgo)Liga Galega cadete26ª xornada (última): SCD MILAGROSA B 0 - ORZÁN SD CADETE 9 (Amaia Sanjurjo, Carla Miranda -2-, Telma García -2-, Lorena Anastase, María López-Perales e Carmen Couto -2-)Liga Galega infantilFase polo Título, 7ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Alba García, Lorena Anastase -2-, Inés Neira e Lara Vázquez) - RACING DE FERROL 1Fase Plata, 7ª xornada (última): SILVA SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Ahinara Rosado e Claudia García)

Eddahchouri ve o Dépor como un "gran equipo" e Villares recal...

Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo co...

Os Nosos adéstranse este luns 18 de maio ás 10:30 no Dépor Tr...

O Dépor, "cunha afección incrible, entregada, cun ambiente br...

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...