
CANTERA · 16 MAIO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 16 DE MAIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON MEDALLA DE PRATA PARA O ORZÁN SD INFANTIL A; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 17, CON FINAL PARA O DÉPOR ABANCA B EN SANTIAGO
O calendario de partidos de ANOSACANTEIRA feminina pasa esta fin de semana polo estadio Santa Isabel de Santiago, escenario do Torneo Atlánticas para o Deportivo ABANCA B.Este sábado 16 de maio xogouse a Primeira Fase con estes rivais para As Nosas: Victoria FC, As Celtas, Famalicao FC e SC Braga.O filial deportivista, con 2 triunfos, 1 empate e 1 derrota, clasificouse para a final deste domingo 17 de maio ás 10:00.O rival do Deportivo ABANCA B será o SC Braga. Ambos equipos empataron sen goles no partido da primeira fase.Completa a xornada dominical o encontro da Primera Autonómica entre o UD Carral e o Orzán SD Xuvenil, ás 11:00 no campo carralés de O Castro.Este sábado 16 rematou a liga o Orzán SD Cadete, con triunfo por 0-9 en Lugo ante o SCD Milagrosa B.As orzanistas, con 65 puntos despois de 21 partidos gañados, 2 empatados e 1 perdido, son segundas tras o Victoria CF, campión con 67 puntos.O Orzán SD Cadete anotou 147 goles e recibiu unicamente 8.Tamén se xogou a última xornada na Fase polo Título da Liga Galega infantil.Neste caso o Orzán SD dobregou por 5-1 na Torre ao Racing de Ferrol.Con este resultado, as orzanistas, con 17 puntos, foron subcampioas galegas tras As Celtas, que alcanzaron os 19 puntos.O Orzán SD Infantil A gañou 5 partidos e empatou 2 nesta Fase polo Título, con 27 goles a favor e tan só 4 en contra.E así mesmo rematou o Orzán SD Infantil B a Fase Plata, con vitoria por 0-2 en Eirís ante o Silva SD.As orzanistas, con 10 puntos tras 3 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos, acabaron en 4ª posición.O Orzán SD Infantil B anotou 9 dianas e recibiu 16.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda FederaciónTorneo Atlánticas no Estadio de Santa Isabel (Santiago de Compostela)Sábado 16 de maioPrimeira FaseVICTORIA FC 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0AS CELTAS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Karla)DEPORTIVO ABANCA B 0 - SC BRAGA 0DEPORTIVO ABANCA B 3 (Noelia Mayo, Jenny Corros e Karla) - FAMALICAO FC 1Domingo 17 de maioFinal10:00: DEPORTIVO ABANCA B - SC BRAGAPrimeira Autonómica28ª xornada: UD CARRAL - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 17 de maio ás 11:00 no campo de O Castro (Carral)Liga Galega cadete26ª xornada (última): SCD MILAGROSA B 0 - ORZÁN SD CADETE 9 (Amaia Sanjurjo, Carla Miranda -2-, Telma García -2-, Lorena Anastase, María López-Perales e Carmen Couto -2-)Liga Galega infantilFase polo Título, 7ª xornada (última): ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Alba García, Lorena Anastase -2-, Inés Neira e Lara Vázquez) - RACING DE FERROL 1Fase Prata, 7ª xornada (última): SILVA SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Ahinara Rosado e Claudia García)

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...

O Deportivo Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales únen...

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...