
DÉPOR · 17 MAIO 2026
O DÉPOR, "CUNHA AFECCIÓN INCRIBLE, ENTREGADA, CUN AMBIENTE BRUTAL", DOBRA O FC ANDORRA E CONSOLIDA A SEGUNDA POSICIÓN, AGORA CON 3 PUNTOS DE VANTAXE SOBRE O TERCEIRO CLASIFICADO
O Dépor impúxose este domingo 17 de maio por 2-1 ao FC Andorra en ABANCA-RIAZOR en partido correspondente á 40ª xornada en LaLiga Hypermotion.Con este resultado, Os Nosos suman 74 puntos na 2ª posición por 71 da UD Almería (3º). Así pois, un triunfo en Valladolid o vindeiro domingo 24 de maio ás 18:30 suporía o ascenso a Primera División.Antonio Hidalgo destacou na rolda de prensa posterior ao partido unha afección "incrible, entregada" e falou de "ambiente brutal" en ABANCA-RIAZOR.Perdeuse o encontro Lucas Noubi, sancionado por acumulación de amonestacións; ademais dos tocados David Mella e Charlie Patiño, este con molestias nun adutor.Si foi titular Yeremay, despois de estimar o Comité de Disciplina as alegacións á acta presentadas polo RC Deportivo e deixar sen efectos disciplinarios o cartón amarelo que o canteirán viu no JP Financial Estadio de Cádiz.Bil, titular, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Respecto ao encontro en Cádiz o pasado venres 8, houbo 2 cambios. O forzoso de Arnau por Lucas Noubi e Villares, con 202 partidos ás súas costas, por Riki na sala de máquinas.O adestrador blanquiazul confesou que o partido da primeira volta disputado en Andorra "ensinounos que desde o primeiro momento ir tan altos fai que eles che poidan xerar moitísimo ao espazo, e máis no pico de forma no que viñan".Comezou o partido cun primeiro disparo do FC Andorra a cargo de Yeray. O balón marchou rozando o traveseiro da portaría de Ferllo.Pouco despois, Cerdà non acerta no segundo pau cun balón pasado que se estrelou no lateral da rede.O Dépor achegouse cunha transición de Yeremay que acabou nunha falta lateral sobre Ximo lanzada sen consecuencias.Aos 20 minutos probou fortuna Akman. Desviou Ferllo con certos apuros.Respondeu Bil á media volta, ás mans do meta visitante Owono.Como era de esperar o FC Andorra fíxose co balón ante un Dépor agachado á espera da súa oportunidade.Adiantouse o conxunto andorrano aos 34 minutos nunha contra que resolveu Cerdà na área con clase burlando a defensa e a Ferllo."Atopáronse co gol tampouco sen facer ocasións excesivamente claras pero cunha sensación de que nos estaba custando polo menos igualar", declarou o técnico deportivista.Intentou o Dépor repoñerse do mazazo.Na recta final do primeiro tempo, Quagliata rematou en semifallo no segundo pau sen precisión.Owono salvou o empate no minuto 44 ao deter un remate a queima roupa de Yeremay na mellor xogada do Dépor no que ía de partido.E na prolongación, Bil, só ante Owono, remata fóra con todo a favor."Creamos ocasións suficientes para poder empatar o partido antes. Non chegou, sobre todo ao final da primeira parte", declarou o técnico blanquiazul.Así pois, con 0-1 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, "cambiamos un pouco a presión, recollemos un pouco a Bil, fixemos saltar máis a Luismi e aí si puidemos emparellar un pouco máis. Estabamos máis cómodos na presión", explicou o preparador deportivista. "Variamos a altura de algún xogador e iso deunos un pouco máis de presenza", engadiu.Empatou o Dépor, e fíxoo no minuto 48 cun gran disparo de Mario Soriano desde fóra da área directo á escuadra esquerda da portería do FC Andorra.Na outra área, Martí Vilà, a pesar de estar caendo, disparou raso desde a frontal. Ferllo sacou a pelota noutra boa intervención.Cada balón era unha loita, unha disputa alentada por ANOSAFORZA desde a bancada."Empuxamos moitísimo ante un rival que con balón sométeche moitísimo", declarou o adestrador do Dépor.Antonio Hidalgo move pezas. Noé releva a Luismi na mediapunta deportivista.Yeremay non atopou espazo na área nunha boa xogada de Villares pola banda dereita.O canario estrelou no pau un man a man ante Owono noutro veloz contragolpe aínda que a xogada estaba invalidada por fóra de xogo. Se chegase a entrar tería entrado o VAR a tirar liñas para ditaminar se estaba ou non en posición antirregulamentaria.Aos 71 minutos, Noé aproveita unha deixada de Yeremay. O canteirán, na frontal da área pequena, disparou ás mans de Owono, ben situado.Apretaba o Dépor, que lle deu a volta ao marcador grazas a unha xenialidade de Eddahchouri, que minutos antes relevara a Altimira.O dianteiro holandés recibe un balón que prolongou Bil de cabeza ao corazón da área, báixao con clase desfaciéndose do seu par nunha media volta fantástica e supera con clase ao porteiro do FC Andorra.A partir de aí Os Nosos souberon pechar espazos e ir deixando pasar o tempo, incluído un longo desconto de 8 minutos ata que ABANCA-RIAZOR estoupo de ledicia co asubío final.Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro, Arnau Comas, Loureiro, Quagliata (Escudero, min. 77), Villares (Riki, min. 82), Mario Soriano, Altimira (Eddahchouri, min. 77), Luismi Cruz (Noé, min. 64), Yeremay e Bil (Stoichkov, min. 82)FC Andorra: Owono, Yeray (Minsu, min. 66), Gael Alonso, Villahermosa (Sergio Molina, min. 82), Akman, Nieto (Álex Calvo, min. 77), Carrique, Marc Domenech, Martí Vilà (Lautaro, min. 82), Cerdà (Marc Cardona, min. 82) e Diego AlendeÁrbitro: Manuel Jesús Orellana, do comité andaluz. Amonestou a Gael Alonso (min. 32), Owono (min. 45+1), Mario Soriano (min. 63), Diego Alende (min. 63), Stoichkov (min. 71) e Sergio Molina (min. 93). O técnico deportivista Óscar Hernández viu o cartón vermello (min. 86)Goles: 0-1 Cerdà (min. 34); 1-1 Mario Soriano (min. 48); 2-1 Eddahchouri (min. 81)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 29.680 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Manuel Folgueira, ex directivo do RC Deportivo, e de Manuel Seijas, socio 211. Villares, que cumpriu 200 partidos, foi homenaxeado antes de comezar.


Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B subca...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo co...

Os Nosos adéstranse este luns 18 de maio ás 10:30 no Dépor Tr...

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...