RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo con fin de liga para o Xuvenil B e o Alevín de fútbol 11

CANTERA · 17 MAIO 2026

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO CON FIN DE LIGA PARA O XUVENIL B E O ALEVÍN DE FÚTBOL 11

Este domingo 17 de maio foi a despedida do Xuvenil B (na foto principal da noticia), xa subcampión da Liga Nacional hai varias semanas, no Dépor Training Center ante o Alondras CF (7-0).O equipo de Dani Xelo sumou 81 puntos, con 25 partidos gañados, 6 empatados, 3 perdidos, 109 goles a favor e 36 en contra.Pola súa banda, o Alevín (na foto entre o texto) concluíu en Lugo ante o ADC A Piringalla (0-8) o grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.Os deportivistas certificaron a primeira praza do grupo e xogarán a final do torneo o 27 deste mes en As Eiroas contra o campión do grupo sur, o RC Celta.Os pupilos de Alberto Suárez venceron nos 13 partidos, con 88 goles a favor e 5 en contra.Finalmente, ese mesmo domingo 17 o Benxamín A (na foto inferior) foi campión do Torneo Oroso de fútbol 8 en Sigüeiro mentres que o Fabril FC Benxamín, do Trofeo Frigohogar no campo de Berdón, en Vilagarcía.Así mesmo, dous equipos de ANOSACANTEIRA proclamáronse campións galegos este sábado 16 de maio.No campo Arsenio Iglesias o Cadete pechaba a División de Honra ante a UD Santa Mariña.Os branquiazuis chegaban ao choque na primeira posición con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta e co golaverage gañado cos célticos en caso de empate a puntos.Así pois, sumar un punto ante a UD Santa Mariña era suficiente para que o Cadete se proclamase campión de liga.Gañaron os deportivistas por 2-1, co que se adxudican o título.Con este resultado, o conxunto que prepara Borja Souto sumou 81 puntos, con 26 partidos gañados, 3 empatados e 1 perdido; e con 78 goles a favor por 26 en contra.E no campo Salvador Otero da Illa de Arousa o Alevín A proclamouse campión galego de fútbol 8.Os alevíns superaron en semifinais ao Pabellón Promesas (5-2) e na gran final ao RC Celta (5-0).Pola súa banda, os benxamíns caeron co RC Celta (2-3) en semifinais e lograron a medalla de bronce ao superar na final de consolación á SD Compostela (0-4).Completou a xornada do sábado o último partido de liga do San Tirso SD Cadete, en O Monte ante o CD Lugo: 3-1.Os 'verdes', con todos os seus xogadores de primeiro ano na categoría, completaron unha brillante temporada cun histórico terceiro posto, só superados en Galicia por Dépor e RC Celta.Alcanzaron os 53 puntos polos seus 15 partidos gañados, 8 empatados e 7 perdidos; cun total de 62 goles a favor por 47 en contra.ANOSACANTEIRA celebra ademais a convocatoria de Mauro Valeiro para disputar o campionato de Europa sub-17 en Estonia.O centrocampista do Xuvenil A concentrouse este venres 15 de maio na localidade alacantina de Alfaz del Pi antes de desprazarse ao país báltico.Adiantouse un partido á fin de semana en ANOSACANTEIRA.Este venres 15 de maio no Dépor Training Center o Infantil e o San Tirso SD Infantil puxeron o punto e final á División de Honra.Ambos equipos cumpriron os seus obxectivos: título os branquiazuis e zona media-alta 'os verdes'.Venceu o Dépor (8-1), que recolleu das mans de Diego Batalla, secretario xeral da Federación Galega de Fútbol, o trofeo de campións de liga.O Infantil finalizou a competición con 85 puntos, con 28 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido; e con 214 goles a favor por 8 en contra.Pola súa banda, os 'verdes' sumaron 43 puntos froito de 12 partidos gañados, 7 empatados e 11 perdidos; e con 55 goles marcados por 66 encaixados.

20260517_alevinf11.jpg

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Categoría xuvenilLiga Nacional, 34ª xornada (última): JUVENIL B 7 (Pablo Crespo, Rubén, Borja Díaz -3-, Sergio Míguez e Picallo) - ALONDRAS CF 0Categoría cadeteDivisión de Honra, 30ª xornada (última): CADETE 2 (José Quiroga e Nico Giovanni) - UD SANTA MARIÑA 1División de Honra, 30ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE 3 (Asier Valverde -3-) - CD LUGO 1Categoría infantilDivisión de Honra, 30ª xornada (última, venres 15): INFANTIL 8 (Álvaro Gómez, David Gómez, Hugo Macedo -2-, Sergio Fernández, Santi Durán -2- e Yoel Puñal) - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Hugo Álvarez)Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 13ª xornada (última): ADC A PIRINGALLA 0 - ALEVÍN 8 (Enzo Fernández -3-, Adrián Míguez -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo -2-)Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, no campo Salvador Otero (A Illa de Arousa)Sábado 16 de maioSemifinaisALEVÍN A 5 (Mateo Songo'o -4- e Saúl Cancela) - PABELLÓN PROMESAS 2FinalALEVÍN A 5 (Mateo Songo'o -2-, Enzo Fernández, Adrián Prieto e Adrián Míguez) - RC CELTA 0Categoría benxamínSemifinaisBENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero e Tomás Sánchez) - RC CELTA 3Terceiro e cuarto postoSD COMPOSTELA 0 - BENXAMÍN A 4 (Ian Lata -2-, Tomás Sánchez e Hugo Cancela)Torneo Oroso, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)Domingo 17 de maioPrimeira FaseBENXAMÍN A 10 (Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez -2-, Pablo Campanero -2-, Nico Mariño -2-, Leo Díaz e Hugo Rey) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0BENJAMIN A 1 (Tomás Sánchez) - UD SANTA MARIÑA 0BENXAMÍN A 7 (Pablo Campanero -5-, Leo Díaz e Ian Lata) - PRAIÑA SPORTING CLUB 0Cuartos de finalBENXAMÍN A 5 (Pablo Campanero -2-, Ian Lata, Hugo Cancela e Tomás Sánchez) - BERTAMIRÁNS FC 1SemifinaisRC CELTA 0 - BENXAMÍN A 4 (Tomás Sánchez -2-, Xosé Varela e Pablo Campanero)FinalED XUVENTUDE DE OROSO 0 - BENXAMÍN A 5 (Pablo Campanero -4- e Hugo Cancela)3er Torneo Frigohogar, no campo de Berdón (Vilagarcía)Domingo 17 de maioPrimeira FaseFABRIL FC BENXAMÍN 0 - EF SILLEDA 1FABRIL FC BENXAMÍN 11 (Óscar Lijó -3-, Diego Dopico -2-, Álex Martínez -2-, Anxo Fernández, Adrián Bestilleiro, Tomás Lorenzo e Diego Freire) - UMIA CF 0FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Óscar Lijó, Jaime Fraga, Izan Mallón e Milan Songo'o) - CALDAS CF 2FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Tomás Lorenzo -2-) - SALGUEIRIÑOS CF 0SemifinalRC CELTA B 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Álex Martínez -2-)FinalRC CELTA 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Lorenzo)

20260517_benjamina.jpg