
DÉPOR ABANCA · 18 MAIO 2026
O DÉPOR ABANCA INICIA ESTE MARTES 19 NO DÉPOR TRAINING CENTER A SÚA SEGUNDA SEMANA SEN COMPETICIÓN LIGUEIRA ANTES DO ESPRINT FINAL
O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso xa que non houbo competición ligueira.As Nosas regresan aos adestramentos este martes 19 de maio ás 10:45 no Dépor Training Center para encarar a recta final da Liga F co partido ante o RCD Espanyol (mércores 27 de maio ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR) e UD Costa Adeje Tenerife (domingo 31 de maio ás 13:00 no Heliodoro Rodríguez López de Tenerife).Non estará nestes primeiros días da semana Marisa García, concentrada coa selección española sub-20 nuns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).Paula Gutiérrez admite que "é raro" tanto parón ligueiro: "É unha sensación que custa pero as normas son así. Nós adaptámonos".A centrocampista do Dépor ABANCA recalca que "as semanas sen competición seguimos adestrando, traballando, que é o noso labor".

Fran Alonso dispuxo de 4 adestramentos matinais no Dépor Training Center e dunha xornada de traballo complementario orientado a futbolistas lesionadas ou con traballo específico.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 19 de maio10:45 h.Mércores 20 de maio10:45 h.Xoves 21 de maio10:45 h.Venres 22 de maioTraballo complementarioSábado 23 de maioDescansoDomingo 24 de maio10:45 h.


ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...

Dous grupos de traballo este luns 18 de maio no Dépor Trainin...

Eddahchouri ve o Dépor como un "gran equipo" e Villares recal...

Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B subca...