
CANTERA · 22 MARZO 2026
MAURO VALEIRO E ESPAÑA SUB-17 LOGRAN A CLASIFICACIÓN PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE ESTONIA E PARA O MUNDIAL DE CATAR
-Foto:Mauro Valeiro estivo concentrado coa selección española sub-17 na Rolda 2 de clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.Os rivais foron Irlanda del Norte, Escocia e Turquía.O terceiro e último encontro para os españois foi este sábado 21 de marzo ante Turquía en Solitude (Belfast).A España lle valía o empate, que logrou (0-0), para selar a súa clasificación para o Campionato de Europa que se xoga en Estonia e para o Mundial de Catar.Mauro Valeiro arrincou no banco e relevou a Holmes Junior Zamorano no minuto 81.Anteriormente, o canteirán deportivista foi titular ante Irlanda del Norte (2-0); e tamén participou ante Escocia (3-0), neste caso ao substituír a Ian Mencía no minuto 81.Os resultados de Mauro Valeiro e España nesta Rolda 2 foron os seguintes:Domingo 15 de marzoESPAÑA 2 - IRLANDA DEL NORTE 0Mércores 18 de marzoESPAÑA 3 - ESCOCIA 0Sábado 21 de marzoTURQUÍA 0 - ESPAÑA 0O futbolista do Xuvenil A acaba de proclamarse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal).O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Mauro Valeiro suma a día de hoxe 20 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 15 deles como titular; nos que anotou 2 goles.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...