RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA cítase este sábado en ABANCA-RIAZOR co DUX Logroño "con moitas ganas de maquillar unha actuación que é inaceptable"

DÉPOR ABANCA · 10 OUTUBRO 2025

O DÉPOR ABANCA CÍTASE ESTE SÁBADO EN ABANCA-RIAZOR CO DUX LOGROÑO "CON MOITAS GANAS DE MAQUILLAR UNHA ACTUACIÓN QUE É INACEPTABLE"

O Dépor ABANCA cítase este sábado 11 de outubro ás 19:09 (Dazn) co DUX Logroño, en partido correspondente á 7ª xornada en Liga F.As Nosas, coa derrota da pasada fin de semana ante o Alhama CF, afrontan o choque con 5 puntos na 11ª posición.Fran Alonso, en rolda de prensa no Dépor Training Center, asegurou que o equipo está "con moitas ganas de maquillar unha actuación que non estamos contentas, que é inaceptable".Insiste en que o equipo quere "reverter esta mala serie e dar unha alegría a #ANOSAFORZA. Así que o partido é moi importante e estamos con moita ilusión para afrontalo".É baixa para o encontro por lesión Espe Pizarro, que "está xa no campo, aínda en fase de recuperación", segundo apuntou o adestrador deportivista.

Por contra, Fran Alonso poderá contar coas dúas futbolistas, Elena e Redru, que estiveron boa parte da semana adestrando coa selección española sub-19.Pola súa banda, o DUX Logroño, que a pasada fin de semana empatou (1-1) no seu campo co Granada CF, é 14º con 3 puntos.Lonxe do seu campo esta temporada as rioxanas caeron co FC Barcelona (4-0) e empataron co FC Badalona Women (0-0).Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o domingo 12 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center.