
DÉPOR ABANCA · 10 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR ABANCA ENTRA ESTE MARTES 11 DE NOVEMBRO NO SORTEO DOS OITAVOS DE FINAL DA COPA DE LA REINA
O Dépor ABANCA entra este martes no sorteo dos oitavos de final da Copa de la Reina.Terá lugar ás 16:30 e será retransmitido en directo por Teledeporte e as .A eliminatoria, a partido único, celebrarase o venres 19, sábado 20 ou domingo 21 de decembro.Os equipos participantes, ademais do Dépor ABANCA, son os seguintes:Liga F (equipos que acabaron do 1º ao 8º a temporada pasada): FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid, Athletic Club, Granada CF, UD Costa Adeje Tenerife, Real Sociedad e SD Eibar.Equipos de Liga F clasificados da pasada rolda: FC Levante Women, RCD Espanyol, Alhama CF, Madrid CFF e Sevilla FC.Primera Federación Iberdrola: Deportivo Alavés e CE Europa.Segundo explica a Federación Española, "o sorteo comezará emparellando aos dous sobreviventes de Primera Federación, que exercerán como locais nas súas respectivas eliminatorias, con dous dos mellores equipos da pasada temporada na Liga F Moeve".A continuación, "os 6 equipos restantes da máxima categoría que se incorporan á competición nesta rolda quedarán emparellados e serán visitantes nos seus partidos fronte a 6 dos de Liga F que conseguiron superar a anterior eliminatoria", neste grupo estarían As Nosas.Finalmente, "os dous equipos restantes enfrontaranse entre si e a orde de extracción das bólas determinará quen será local e quen visitante nesta última eliminatoria dos oitavos de final", conclúe a Federación Española.Na terceira rolda, o Dépor ABANCA derrotou por 1-3 ao Guiniguada Apolinario CD de Las Palmas de Gran Canaria.

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...