RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor arrinca a semana da visita á SD Huesca con só David Mella á marxe do grupo

DÉPOR · 7 ABRIL 2026

O DÉPOR ARRINCA A SEMANA DA VISITA Á SD HUESCA CON SÓ DAVID MELLA Á MARXE DO GRUPO

O Dépor regresou este martes 7 de abril aos adestramentos no Dépor Training Center para comezar a preparar a visita á SD Huesca deste domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, GOL, TVG e Cayo TV) en El Alcoraz.Antonio Hidalgo dispuxo de todo o seu cadro salvo David Mella, que está con adestramento personalizado.De feito, o conxunto branquiazul é o equipo da competición con maior participación dos seus futbolistas se se analiza a mediana da porcentaxe de minutos disputados por xogador.Cun 43,7%, o conxunto branquiazul ocupa o primeiro posto do ranking (1/22), situándose por diante do CD Leganés, CD Castellón, UD Almería e SD Eibar, que completan as primeiras posicións.Este indicador reflicte que o xogador central do cadro deportivista é o que máis participación acumula en toda a liga, un dato que pon en valor a implicación e o peso colectivo do bloque.

Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.No campo 3, os futbolistas arrincaron cunha activación con roda de pases e uns rondos.Xa no campo 2 houbo un xogo de posición co que concluíu o traballo sobre o céspede.Este mércores 8 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.