
DÉPOR · 11 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR ARRINCA ESTE MÉRCORES A SEMANA DE TRABALLO PREVIA Á VISITA AO CÓRDOBA CF
O Dépor, que gozou dous días de descanso (luns 10 e martes 11), comeza este mércores 12 de novembro no Dépor Training Center a preparar a seguinte cita en LaLiga Hypermotion, o domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e TEN) no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel ante o Córdoba CF.Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa, deixou a Os Nosos na 2ª posición da táboa con 23 puntos, os mesmos que a UD Las Palmas.Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de adestramento, 3 delas no Dépor Training Center e a do sábado 15 ás 18:00 na Cidade Deportiva do Córdoba CF.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 12 de novembro10:30 h., Dépor Training CenterXoves 13 de novembro10:30 h., Dépor Training CenterVenres 14 de novembro10:30 h., Dépor Training CenterSábado 15 de novembro18:00 h., Cidade Deportiva do Córdoba CFDomingo 16 de novembro18:30: Córdoba CF - Deportivo, no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel


A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...