
DÉPOR · 8 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR VOLVE ANTE A CULTURAL LEONESA A SUMAR DE 3, "VITAL NESTA CATEGORÍA PARA CONSEGUIR OBXECTIVOS"
O Dépor superou por 3-0 á Cultural Leonesa este sábado 8 de novembro en ABANCA-RIAZOR en partido correspondente á 13ª xornada en LaLiga Hypermotion.Con este resultado, Os Nosos suman 23 puntos instalados no grupo de cabeza."Nesta categoría sumar de 3 é vital para conseguir obxectivos", asegurou Antonio Hidalgo na rolda de prensa pospartido.Os dous equipos chegaban ao encontro após unha semana con vitorias en Copa (UD Sámano e CD Tropezón) e en liga (Real Zaragoza e CD Mirandés).Foron baixa para o partido os lesionados Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann.Si sentou no banco Mulattieri, que pasou a semana rengueante por mor dunhas molestias nun adductor.Samu e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Adiantouse o Dépor ao cuarto de hora. Rodri Suárez cede mal ao seu porteiro Edgar Badía. Eddahchouri, moi atento, adiántase ao gardameta, regatéao e logra o primeiro da tarde.Tentou responder Selu Diallo case á xogada seguinte cun lanzamento desde a frontal ás mans de Germán.Ampliaron a vantaxe os branquiazuis aos 23 minutos.Noutra mala saída de balón leonesa, Eddahchouri conduce unha rápida transición, cede á súa dereita a Mario Soriano, que cruza o balón para que Egar Badía non poida facer nada.En dúas poutadas Os Nosos meteron terra polo medio."Estivemos acertados na presión nestes primeiros 20, 25 minutos", analizou o técnico deportivista.Tentou a Cultural meterse de novo no partido. A mellor ocasión foi no minuto 40 após un centro ao corazón da área desde a banda esquerda que Selu Diallo envía alto na frontal da área pequena, con todo a favor.Os últimos minutos da primeira metade foron de presión da Cultu aínda que sen crear ocasións claras de perigo.A partir do segundo gol, o adestrador branquiazul apuntou que "estivemos bastante desaxustados. Concedemos algunha situación que non deberiamos".Após o paso polos vestiarios, Antonio Hidalgo viuse obrigado a facer un cambio. Jose Ángel relevou a Gragera, que "tivo un golpe no minuto 5. Tiña o nocello bastante inflamado. Tentou probar pero cando deu 4 pasos deuse conta que non podía. Decidimos facer o cambio para non gastar unha xanela", subliñou o adestrador deportivista.Aos 52 minutos, Yeremay estivo a piques de lograr o terceiro. Márchase polo centro de varios rivais e a súa vaselina a Edgar Badía, que estaba lixeiramente adiantado, estrélase no traveseiro. Eddahchouri cabecea fóra o rexeite.Sen máis ocasións nas dúas porterías, Antonio Hidalgo releva a Mella e Yeremay por Luismi e Stoichkov.O atacante canario solicitou o cambio a consecuencia de "unhas molestias nun nocello que leva arrastrando varias semanas. Seguramente tivo outro golpe aí e molestáballe bastante. Tal e como estaba o partido decidimos ser máis precavidos", segundo explicou o preparador branquiazul.Eddahchouri sentenciou o encontro no minuto 75. Luismi Cruz pilota unha rápida transición e cede á súa dereita ao holandés, que fusila a Edgar Badía."Na segunda parte tivemos máis o control do partido, tivemos máis o balón, atopamos o terceiro gol e o equipo atopouse a partir de aí máis cómodo", resumiu Antonio Hidalgo.Deportivo: Germán, Lucas Noubi, Arnau Comas, Loureiro, Quagliata, Villares, Gragera (Jose Ángel, min. 46), Mario Soriano (Charlie Patiño, min. 87), Mella (Luismi Cruz, min. 69), Yeremay (Stoichkov, min. 69) e Eddahchouri (Cristian Herrera, min. 77)Cultural Leonesa: Edgar Badía, Mboula (Bicho, min. 61), Rodri Suárez, Yayo, Manu Justo, Sobrino, Hinojo, Selu Diallo, V. García (Iván Calero, min. 86), Thiago Ojeda (Paco Cortés, min. 61) e BarzicÁrbitro: Andrés Fontes, do comité valenciano. Amoestou a Jose Ángel (min. 74)Goles: 1-0 Eddahchouri (min. 15); 2-0 Mario Soriano (min. 23); 3-0 Eddahchouri (min. 75)Incidencias: partido correspondente á 13ª xornada de LaLiga Hypermotion disputado en ABANCA-RIAZOR ante 25.197 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Emilio Quesada, socio nº 3 do Deportivo

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...