
DÉPOR · 12 MAIO 2026
PRIMEIRA SESIÓN DA SEMANA DO DÉPOR COA ENERXÍA POSTA UNICAMENTE NO SEGUINTE RETO, A VISITA DO FC ANDORRA DO DOMINGO 17 DE MAIO
O Dépor arrancou este martes 12 de maio nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center a preparación da antepenúltima xornada en LaLiga Hypermotion, a visita do FC Andorra a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR.En plena recta final, o Club teno claro: isto vai partido a partido. Queda moito camiño por percorrer e toda a enerxía debe estar enfocada unicamente no seguinte reto.O fútbol esixe equilibrio, humildade e a máxima concentración en cada semana de traballo, especialmente en momentos nos que o contorno pode deixarse levar pola ilusión.Con todo o cadro sobre a herba agás David Mella, o corpo técnico dispuxo unha activación, rondos e un xogo de posición.

Agora máis ca nunca, tócanos crer para ver. Crer no traballo diario, no esforzo colectivo, no crecemento constante e na capacidade de seguir avanzando xuntos desde a humildade.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este mércores 13 de maio Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...




