
CANTERA · 31 AGOSTO 2025
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, CO SAN TIRSO SD CADETE BRILLANTE SUBCAMPIÓN ESTE DOMINGO DA SANXENXO CUP
ANOSACANTEIRA viviu unha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos; ademais dun torneo amigable en Sanxenxo.Precisamente este domingo, o San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia) foi subcampión da Sanxenxo Cup.Os 'verdes' caeron na quenda de penaltis da final ante o Ural Español CF por 3-4. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles.Onte sábado 30 de agosto sobresaíu o partido do Fabril, a porta pechada no campo principal de Abegondo, ante o Bergantiños CF de Segunda Federación.Venceron os branquiazuis grazas a un tanto de Bil aos 2 minutos de partido.Foi o último test de pretemporada para o equipo de Manuel Pablo antes da primeira xornada de liga prevista para o domingo 7 de setembro ás 12:00 na Cidade Deportiva ante o Burgos CF Promesas.Antonio Hidalgo, que presenciou o encontro na bancada, indicou que "son xente de talento. Hai algúns xogadores que xa coñecía. O noso filial ten a calidade suficiente para apoiarnos no momento que sexa necesario. Para iso trabállase e invístese na base, unha dos sinais de identidade do Club. Estou moi contento de poder mirar cara abaixo".

Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).Ademais deste encontro, o Xuvenil A caeu 2-1 co AD Miño de Preferente Autonómica, o Xuvenil B 1-4 co Atlético Coruña Montañeros CF, e o Infantil en Cedeira 4-2 co Racing de Ferrol de categoría cadete. A maiores, o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) quedou apeado nos cuartos de final da Sanxenxo Cup polo ED Val Miñor Nigrán.Dous partidos xogáronse o pasado venres 29 de agosto e que serviron para arrincar a fin de semana.En Rutis, o Xuvenil B igualou (2-2) co Olímpico CF de Primera Autonómica.E en Abegondo houbo un espectacular empate a 6 goles entre o Cadete e o Imperátor de categoría xuvenil.A semana comezou con citas o martes e mércores tamén para o Xuvenil A, e os dous equipos cadetes e infantís.Os resultados da semana foron os seguintes:Segunda FederaciónFABRIL 1 (Bil) - BERGANTIÑOS CF 0Categoría xuvenilMércores 27: SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) 1 - XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-)AD MIÑO (Preferente Autonómica) 2 - XUVENIL A 1 (Nico)Venres 29: OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) 2 - XUVENIL B 2 (Guille Ramos e Iago Vázquez)XUVENIL B 1 (Borja Díaz) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 4Categoría cadeteMércores 27: CD BOIRO (xuvenil) 3 - CADETE 2 (Nico Giovanni e Anxo)Venres 29: CADETE 6 (Picallo, Nico Giovanni -2-, Álvaro -2- e Gandarela) - IMPERÁTOR OAR (xuvenil) 6Martes 26: SAN TIRSO SD (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álex Vidal)Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)Domingo 31 de agostoPrimera FaseSAN TIRSO SD CADETE 1 (Tiago Caamaño) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0BERTAMIRÁNS FC 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0PABELLÓN OURENSE CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0Cuartos de finalSAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier Valverde e Mario González) - CD CALASANZ 1SemifinaisSAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo Ferreirós) - PABELLÓN OURENSE CF 0FinalSAN TIRSO SD CADETE 0 - URAL ESPAÑOL CF 0. A penaltis: 3-4Categoría infantilMartes 26: INFANTIL 5 (Santi Durán -3- e Álvaro Gómez -2-) - IMPERÁTOR OAR (cadete) 0RACING DE FERROL B (cadete) 4 - INFANTIL 2 (Santi Durán -2-)Mércores 27: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nico e Mateo Cortizas) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)Sábado 30 de agostoPrimera FaseSAN TIRSO SD INFANTIL 0 - URAL ESPAÑOL CF 1SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Uxío Pérez -2-, Alejandro Astray e Hugo Quintela) - AJ LÉREZ 0SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Ruy Caamaño) - CD CALASANZ 2Cuartos de finalSAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3


Brillante fin de semana de torneos para ANOSACANTEIRA; con me...

Brillante subcampionato de prata para o Dépor ABANCA Alevín n...

A Dépor Coaching Academy pon o broche ao curso 2025-26 e abre...

O Dépor ABANCA Alevín xogará este domingo 14 a final da Fase ...

Fases finais para ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Alem...

Saídas a partir do 30 de xuño no Dépor ABANCA