RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con triunfo hoxe domingo do Xuvenil A ante o CD Covadonga

CANTERA · 30 MARZO 2025

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, CON TRIUNFO HOXE DOMINGO DO XUVENIL A ANTE O CD COVADONGA

Hoxe domingo 30 de marzo sobresaíu en ANOSACANTEIRA o partido do Xuvenil A, novo líder da División de Honra, en Oviedo ante o CD Covadonga (0-3).Decidiron os goles de Rubén -2- e Dipanda. Os deportivistas avantaxan en 2 puntos ao RC Celta, 2º clasificado, na táboa.Foi titular Samu (na foto da noticia), que onte estivo sentado no banco do primeiro equipo na Malata citado por Óscar Gilsanz.Ademais, o San Tirso SD Cadete venceu no campo vigués Baltasar Pujales (1-8) ao Rápido de Bouzas, o Alevín en Elviña pequeno ao Ural Español CF (0-2) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín no Municipal Rodríguez Ans ao UD Carral (0-8) na 2ª xornada do Torneo Delegación de fútbol 8.Onte sábado 29 de marzo destacou o partido do Fabril en O Vao ante o Coruxo FC.Os fabrilistas, que encaixaron o primeiro gol aos 2 minutos, caeron cos vigueses por 3-1 e quedan con 44 puntos na 5ª praza.Tamén onte xogaron lonxe de Abegondo o Cadete en Coles ante o UD Ourense (0-6) e o Infantil na Madroa ante o RC Celta (4-0).Así mesmo, o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-2) na 2ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (2-6) no partido de ida da eliminatoria previa de acceso á Fase Intermedia do campionato galego que foi suspendido a pasada fin de semana polo temporal.Finalmente, o triunfo por 4-0 do Xuvenil B en Abegondo ante o Arosa SC B, correspondente á 26ª xornada na Liga Nacional, abriu o pasado venres unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación29ª xornada: CORUXO FC 3 - FABRIL 1 (Alfaro)Categoría xuvenilDivisión de Honra, 26ª xornada: CD COVADONGA 0 - XUVENIL A 3 (Rubén -2- e Dipanda)Liga Nacional, 26ª xornada: XUVENIL B 4 (Mauro, Trillo e Xian -2-) - AROSA SC B 0Categoría cadeteDivisión de Honra, 25ª xornada: UD OURENSE 0 - CADETE 6 (Roi -2-, Pablo Crespo -2-, Gael e Íker Casuso)División de Honra, 25ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 1 - SAN TIRSO SD CADETE 8 (Jurgen, Álvaro, Raúl, Nico Giovanni -2-, Nikolay, Jerobe e José Quiroga)Categoría infantilDivisión de Honra, 23ª xornada: RC CELTA 4 - INFANTIL 0División de Honra, 23ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Yoel Darriba e Carlos Crespo) - AROSA SC 0Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 5ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Alejandro Astray)Loita polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 2 (Pablo Sánchez e Thiago López)Torneo Delegación de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: UD CARRAL 0 - FABRIL FC ALEVÍN 8 (Enzo Fernández -2-, Mateo Songo'o -2-, Adrián Liñares -2-, Andrés Valencia e Yago Prieto)Categoría benxamínAmigable: SADA CF (alevín) 0 - BENXAMÍN A 3 (César Leira, Pablo Gómez e Martín Coronel)Eliminatoria de acceso á Fase Intermedia do campionato galego, ida: SADA CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Pablo Campanero -2-, Tomás Sánchez, Xosé Varela, Fabio Álvarez e Nico Mariño)