
DÉPOR · 12 XUÑO 2026
NSONGO BIL, PRESENTE E FUTURO BRANQUIAZUL ATA 2030
O RC Deportivo asegura a continuidade dun dos nomes propios do presente e do futuro do Club. Nsongo Bil (Yaoundé, Camerún, 21 de setembro de 2004) seguirá vestindo a camiseta branquiazul ata xuño de 2030.A súa historia na Coruña é a dun crecemento meteórico. Chegou ao Dépor Training Center na temporada 2024-25 para reforzar ao Fabril e, en apenas dúas campañas, converteuse nunha das grandes ilusións do deportivismo. Tras disputar 31 partidos e marcar 5 goles no seu primeiro curso co filial, a súa explosión definitiva chegou esta tempada.Comezou o ano no Fabril, onde asinou 12 goles e 1 asistencia nos primeiros 20 encontros. Pero todo cambiou tras o seu debut co primeiro equipo na Copa del Rey, o 4 de decembro en Sabadell. Desde entón, xa non volveu atrás.Ás órdenes de Antonio Hidalgo disputou 17 partidos de liga, anotou 6 goles e repartiu 1 asistencia, ademais de participar en 3 encontros coperos. Entre todos eles, quedarán para sempre na memoria deportivista os dous tantos marcados no Estadio José Zorrilla de Valladolid, decisivos para certificar matematicamente o regreso do Dépor a Primera División.Talento, traballo, ambición e compromiso. Valores que converteron a Nsongo Bil nunha das grandes xoias de ANOSACANTEIRA e nunha das revelacións de LaLiga Hypermotion.Agora, o camiño continúa. E ANOSAFORZA poderá seguir gozando do seu fútbol, do seu crecemento e da súa ilusión ata 2030.

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...