
CANTERA · 29 MARZO 2025
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA HOXE SÁBADO E CALENDARIO DE MAÑÁ DOMINGO, CO XUVENIL A EN OVIEDO ANTE O CD COVADONGA
Mañá domingo 30 de marzo sobresae en ANOSACANTEIRA o partido do Xuvenil A, novo líder da División de Honra, en Oviedo ante o CD Covadonga (12:30).Os deportivistas avantaxan en 2 puntos ao RC Celta, 2º clasificado, na táboa.Ademais, o San Tirso SD Cadete mídese no campo vigués Baltasar Pujales (12:00) ao Rápido de Bouzas, o Alevín en Elviña pequeno ao Ural Español CF (12:30) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín no Municipal Rodríguez Ans ao UD Carral (12:00) na 2ª xornada do Torneo Delegación de fútbol 8.Hoxe sábado 29 de marzo destacou o partido do Fabril en O Vao ante o Coruxo FC.Os fabrilistas, que encaixaron o primeiro gol aos 2 minutos, caeron cos vigueses por 3-1 e quedan con 45 puntos na 5ª praza.Tamén hoxe sábado xogaron lonxe de Abegondo o Cadete en Coles ante o UD Ourense (0-6) e o Infantil na Madroa ante o RC Celta (4-0).Así mesmo, o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-2) na 2ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (2-6) no partido de ida da eliminatoria previa de acceso á Fase Intermedia do campionato galego que foi suspendido a pasada fin de semana polo temporal.Finalmente, o triunfo por 4-0 do Xuvenil B en Abegondo ante o Arosa SC B, correspondente á 26ª xornada na Liga Nacional, abriu onte venres unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación29ª xornada: CORUXO FC 3 - FABRIL 1 (Alfaro)Categoría xuvenilDivisión de Honra, 26ª xornada: CD COVADONGA - XUVENIL A, mañá domingo 30 de marzo ás 12:30 no campo Juan Antonio Álvarez Rabanal (Oviedo)Liga Nacional, 26ª xornada: XUVENIL B 4 (Mauro, Trillo e Xian -2-) - AROSA SC B 0Categoría cadeteDivisión de Honra, 25ª xornada: UD OURENSE 0 - CADETE 6 (Roi -2-, Pablo Crespo -2-, Gael e Íker Casuso)División de Honra, 25ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 30 de marzo ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)Categoría infantilDivisión de Honra, 23ª xornada: RC CELTA 4 - INFANTIL 0División de Honra, 23ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Yoel Darriba e Carlos Crespo) - AROSA SC 0Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 5ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN, mañá domingo 30 de marzo ás 12:30 en Elviña PequenoLoita polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 2 (Pablo Sánchez e Thiago López)Torneo Delegación de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC ALEVÍN, mañá domingo 30 de marzo ás 12:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)Categoría benxamínAmigable: SADA CF (alevín) 0 - BENXAMÍN A 3 (César Leira, Pablo Gómez e Martín Coronel)Eliminatoria de acceso á Fase Intermedia do campionato galego, ida: SADA CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Pablo Campanero -2-, Tomás Sánchez, Xosé Varela, Fabio Álvarez e Nico Mariño)

O Dépor ABANCA Alevín xogará este domingo 14 a final da Fase ...

Fases finais para ANOSACANTEIRA nos torneos amigables de Alem...

Saídas a partir do 30 de xuño no Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030