
CANTERA · 20 DECEMBRO 2025
SEGUNDO PARTIDO DE SAMU CON ESPAÑA SUB-19 E TRIUNFO POR 2-4 ANTE A ANFITRIOA XAPÓN
-Foto:Samuel Fernández Leonardo 'Samu' (na foto co pero laranxa o primeiro futbolista empezando pola esquerda) está concentrado coa selección española sub-19 con motivo da SBS International Cup de Xapón.O central deportivista seguiu desde o banco o segundo partido do combinado nacional ante a anfitrioa Xapón, esta pasada madrugada en Galicia.Venceron os españois por 2-4 e lideran xa a clasificación a falta de 1 xornada.Si foi titular Samu no primeiro partido ante Australia.Xogou completo un encontro moi serio que supuxo o seu debut internacional e que ademais acabou en claro triunfo de España por 3-0.Este domingo 21 de decembro ás 13:30 (hora local, 5:30 en Galicia), o canteirán do Dépor pon o punto e final á súa participación neste trofeo co seu partido ante a selección de Shizuoka.O choque poderase seguir nesta .O calendario de partidos de Samu, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Xoves 18 de decembroESPAÑA 3 - AUSTRALIA 0Sábado 20 de decembroXAPÓN 2 - ESPAÑA 4Domingo 21 de decembro13:30 (5:30 hora galega): SELECCIÓN SHIZUOKA - ESPAÑA, no Estadio de KusanaguiSamu debutou co primeiro equipo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes...

O Dépor recibe ao FC Andorra o domingo 17 de maio ás 14:00 ho...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...