
DÉPOR · 5 OUTUBRO 2026
TERCEIRO E ÚLTIMO AMIGABLE DE JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ CON URUGUAI, DESTA VOLTA EN CALCUTA FRONTE Á INDIA
José María Giménez está concentrado con Uruguai con motivo de 3 partidos amigables nesta xanela de seleccións.O terceiro e último será este martes 6 de outubro en Calcuta ante a India, ás 19:00 (hora local, 15:30 en Galicia) no VYBK Stadium.O segundo dos amigables para o futbolista do Dépor disputouse o pasado luns 28 de setembro ante os Corea do Sur.O encontro, que tivo como escenario o Seúl World Cup Stadium, foi para os uruguaios por 1-4.Giménez seguiu o partido desde o banco.E o pasado xoves 24 de setembro ante Xapón no Estadio Grandy-21 da cidade nipona de Nigayi, o central deportivista saltou ao céspede no minuto 67 en substitución do exbarcelonista Araújo. Deste xeito, cumpriu 100 partidos coa súa selección nacional.O encontro rematou con vitoria xaponesa por 3-1.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Xoves 24 de setembroXAPÓN 3 - URUGUAI 1Luns 28 de setembroCOREA DO SUR 1 - URUGUAI 4Martes 6 de outubro19:00 (hora local, 15:30 hora galega): INDIA - URUGUAI, no VYBK Stadium de CalcutaUnha vez finalizado o encontro, José María Giménez regresará á Coruña, con chegada prevista ao longo do mércores 7 de outubro.

O CE Europa de Segunda Federación crúzase no camiño copeiro d...

O Auriense CA de Ourense será o rival do Dépor na primeira el...

Semana de primeiro parón ligueiro para o Dépor ABANCA, aínda ...

Semana de volta á competición para o Dépor e de regreso paula...

Daniela Caracas, convocada por Colombia para 2 amigables ante...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfos do Dépor A...