RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfos do Dépor ABANCA B e do Orzán SD Xuvenil

CANTERA · 4 OUTUBRO 2026

RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON TRIUNFOS DO DÉPOR ABANCA B E DO ORZÁN SD XUVENIL

Os 3 partidos oficiais en ANOSACANTEIRA feminina desta semana disputáronse este domingo 4 de outubro.No campo Arsenio Iglesias, o Dépor ABANCA B impúxose por 3-0 ao CD Filial de Fundación CA Osasuna cun dobrete de Paula Hernández (na foto da noticia) e un terceiro gol de Antía Mayo.O vestiario branquiazul celebrou así con 3 puntos máis a convocatoria de Antía Veiga para o Mundial sub-17 que se disputa en Marrocos en outubro e novembro.Así mesmo, o Orzán SD Sub-21 empatou co Victoria CF B na Grela 1 (2-2) e ocupa a 7ª posición da Tercera Federación con 7 puntos; mentres que o Orzán SD Xuvenil superou ao Sporting Cambre (0-5) e é 3º na Primera Autonómica con 9 puntos.Os resultados foron os seguintes:Segunda Federación5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD FILIAL DE FUNDACIÓN CD OSASUNA 0Tercera Federación4ª xornada: VICTORIA CF B 2 - ORZÁN SD SUB-21 2 (Daniela Macedo -2-)Primera Autonómica4ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - ORZÁN SD XUVENIL 5 (Aldara Ferreira, Lorena Anastase, Marta Moreno, Alba García e unha futbolista rival en propia meta)