RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B sentencia o seu partido ante o CD Filial de Fundación Atlético Osasuna con 3 goles nos primeiros 20 minutos

DÉPOR ABANCA B · 4 OUTUBRO 2026

O DÉPOR ABANCA B SENTENCIA O SEU PARTIDO ANTE O CD FILIAL DE FUNDACIÓN ATLÉTICO OSASUNA CON 3 GOLES NOS PRIMEIROS 20 MINUTOS

O Dépor ABANCA B amarrou os 3 puntos no seu partido ante o CD Filial de Fundación Atlético Osasuna en 20 minutos, o tempo que necesitaron As Nosas para marcar os 3 goles do encontro (3-0), correspondente á 5ª xornada en Segunda Federación.Con este resultado, o filial deportivista suma 12 puntos e sitúase na 2ª posición da táboa.O técnico branquiazul Aitor puido contar con futbolistas na dinámica do primeiro equipo, como Carmen, Carla Casti, Karla ou Paula Hernández, gran protagonista ao marcar 2 tantos nos minutos 5 e 19. Completou o marcador Antía Mayo, que xa suma 3 goles nesta liga.O vestiario do Dépor ABANCA B celebrou con este novo triunfo a convocatoria de Antía Veiga para o Mundial sub-17 que se disputa en Marrocos en outubro e novembro.Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Noe Mayo (De Benito, min. 71), Carmen Carballada, Marta Rico (Sara Cercido, min. 46), Jenny Corros, Sonso (Laura Ruiz, min. 55), Antía Mayo, Paula Hernández (Claudia Sande, min. 46), Valbuena, Karla e Carla CastiO próximo sábado 10 de outubro toca derbi ante As Celtas, ás 17:00 na Madroa.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)Deportivo ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD Filial de Fundación Atlético Osasuna 0