
DÉPOR FABRIL · 4 OUTUBRO 2026
EL FABRIL CAE DERROTADO EN LAS GAUNAS ANTE A UD LOGROÑÉS NUN PARTIDO NO QUE «NON ESTIVEMOS BEN»
O Fabril perdeu (2-1) este domingo 4 de setembro na casa do líder, o estadio de Las Gaunas da UD Logroñés, nun partido correspondente á 6ª xornada de Primera Federación.Con este resultado, o filial queda na 8ª posición da táboa con 8 puntos.«Fomos superados case en todo momento xa desde o principio», admitiu Manuel Pablo na sala de prensa.Foron baixa para o encontro os lesionados Noé, que xa xogou uns minutos no amigable deste venres 2 do primeiro equipo ante o FC Porto; Manu Ferreiro, Damián Canedo, Jairo, Dipanda, Dani Estévez, Manu Serrano e Álex Marqués, cunha lesión no recto femoral dereito.Así mesmo, foron titulares Yayo e Álvaro Fraga, que debutaron co Dépor no citado amigable. Kevin e Íker Gil, tamén con minutos en ABANCA-RIAZOR ás ordes de Antonio Hidalgo, comezaron en Logroño o encontro no banco e saltaron ao céspede ao longo da segunda metade.Saíron os rioxanos a polo partido desde o asubío inicial.Así, Baselga obrigou a intervir a Hugo Ríos, aínda que a xogada estaba invalidada por fóra de xogo.Ao cuarto de hora, o colexiado do encontro, o aragonés Alfredo Ramo, anulou un tanto a Baselga tamén por posición antirregulamentaria.O Fabril apenas era quen de achegarse aos dominios do gardameta Fermín.Con todo, co paso dos minutos o filial conseguiu sacudirse o dominio ao que o someteu a UD Logroñés.«Houbo un treito no que si tivemos máis o control. Soubemos saír desas situacións de presión, nas que eles son constantes, e puidemos ir avanzando pouco a pouco», apuntou o técnico fabrilista.Á media hora, Martín Ochoa recibiu unha clara falta na área por parte do seu par. Alfredo Ramo sinalou pena máxima. O propio Martín Ochoa transformouna e puxo por diante aos branquiazuis.O líder respondeu axiña. Aos 38 minutos, Santana asinou o empate tras aproveitar unha asistencia de Baselga.Co 1-1 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, «volveu custarnos moito», recoñeceu o preparador fabrilista.O partido arrefriouse nas áreas e apenas houbo ocasións claras nestes primeiros compases da continuación.Manuel Pablo deu entrada a Quique Teijo por un amoestado Mardones, a Guerrero por Domínguez e a Kevin Sánchez por Martín Ochoa.Pernas frescas para, polo menos, manter o empate.Aos 66 minutos saltou ao céspede pola UD Logroñés Miguelete, protagonista da recta final.«Vin neles unha fame, tanto na xente que xogou como na que entrou, que lles deu un plus. E aí nós non estivemos, e por iso o partido se foi decantando do seu lado», comentou o adestrador do Fabril.O atacante branquivermello obrigou a intervir a Hugo Ríos no minuto 68, estrelou un balón no pau no 75 e, de falta directa, logrou o segundo do seu equipo no minuto 80, á postre definitivo.O Fabril intentou ir na procura do empate, pero faltáronlle precisión e claridade nos minutos finais.«É un equipo que está nunha boa dinámica, con xogadores moi verticais, e non podemos durmirnos. Non estivemos ben», concluíu Manuel Pablo.UD Logroñés: Fermín, Camacho (Val, min. 88), Adrián, Maroto (Rivero, min. 76), Baselga (David Amigo, min. 67), Navarro, Manu Pedre, Issman, Asenjo (Miguelete, min. 67), Anai e Santana (Chinedu, min. 76)Fabril: Hugo Ríos, Mardones (Quique Teijo, min. 58), Samu, Ferrán Seco, Íker Vidal, Yayo, Koke (Íker Gil, min. 82), Domínguez (Guerrero, min. 58), Justino (Rubén López, min. 68), Álvaro Fraga e Martín Ochoa (Kevin Sánchez, min. 58)Árbitro: Alfredo Ramo, do comité aragonés. Amoestou a Anai (min. 10), Santana (min. 43), Mardones (min. 54), Miguelete (min. 74), Quique Teijo (min. 78) e Samu (min. 90)Goles: 0-1 Martín Ochoa, de penalti (min. 31); 1-1 Santana (min. 38); 2-1 Miguelete (min. 80)Incidencias: partido disputado no Estadio de Las Gaunas ante 4.304 espectadores


Daniela Caracas, convocada por Colombia para 2 amigables ante...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfos do Dépor A...

O Dépor ABANCA B sentencia o seu partido ante o CD Filial de ...

Resultados en ANOSACANTEIRA; este domingo 4 con derrota do Fa...

Alberto Rodríguez cre que, malia a derrota, "o equipo está ad...

Segundo partido de Bright Ede con Polonia sub-21, este luns 5...