
DÉPOR FABRIL · 19 MARZO 2025
UN FABRIL CON 3 XUVENÍS NO ONCE SUPERA CON CLARIDADE Á SD COMPOSTELA
Un Fabril con 3 xuvenís no seu once inicial, e 2 deles ademais goleadores, venceu no Estadio Vero Boquete de San Lázaro á SD Compostela en partido correspondente á 20ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación aprazado o pasado mes de xaneiro polo temporal.Con este resultado, o filial deportivista suma 43 puntos asentado na 5ª posición da táboa.Foron baixa por lesión Noé, Pablo García e Álex Pereira; ademais de Fabi e Marotías, sancionados.Empezou ben o conxunto de Manuel Pablo ante un rival aguilloado pola súa mala clasificación.Alfaro, autor de goles decisivos como ante o UM Escobedo ou o CD Guijuelo, dispuxo da primeira opción. O seu disparo foise demasiado alto.Pronto as aproximacións fabrilistas foron constantes sobre a portería da SD Compostela, protagonizadas sobre todo por Mane por banda dereita.Precisamente Mane puido marcar á media hora de partido. Xutou raso desde fóra da área rozando o pau compostelanista.Dous minutos despois adiantouse o Fabril. Nunha rápida transición, Kevin Sánchez recibe en banda dereita e mete un gran pase ao centro onde, libre de marca, Guerrero bate ao meta santiagués Rabanillo.A última do primeiro tempo foi tamén para Guerrero, que cabeceou sen precisión un centro de Alfaro.Após o descanso, chegou a sentenza. O xuvenil Manu Ferreiro marcou un dos goles da temporada. Rouba ao bordo da área fabrilista, chega case ao medio do campo, ve a Rabanillo adiantado e anota o segundo tanto de espectacular vaselina.Con este gol o Compos, nunha situación desesperada, tentou apertar para achegarse no marcador aínda que sen apenas inquietar a Hugo Ríos.O Fabril optou por defenderse co balón e xogar co nerviosismo dos locais, o que provocou numerosas faltas dos santiagueses.Os de Manuel Pablo sentenciaron o partido con outro gran gol, esta vez de Jaime Garrido desde fóra da área. O mediocentro recolleu un rexeite da defensa após un remate inicial de Guerrero e bateu a Rabanillo.A última opción do Compos de recortar diferenzas foi unha internada na área de Bruno Scorza, que estrelou o balón no corpo de Hugo Ríos.Sen máis ocasións finalizou o encontro.O vindeiro domingo 23 de marzo ás 12:00 () o Fabril recibe en Abegondo ao Real Avilés Industrial, 4º cun punto máis que os fabrilistas.SD Compostela: Rabanillo, Roque, M. Rivas, Álvaro Casas (Bruno Scorza, min. 70), David Soto, Carlos Pérez, Hugo Matos (Manu Barreiro, min. 56), Markitos (Samu, min. 56), Fausto Tienza (Selasi, min. 56), Santi de Prado e Fer Cano (Íker Gil, min. 56)Fabril: Hugo Ríos, Mardones (Aarón Sánchez, min. 67), Samu, Damián Canedo, Íker Vidal, Kike Fernández (Jaime Garrido, min. 67), Alfaro, Guerrero, Manu Ferreiro (Luisao, min. 67), Mane (Carreira, min. 76) e Kevin Sánchez (Darío Germil, min. 76)Árbitro: Miguel Oliveira Dios, do comité galego. Amoestou a Tienza (min. 53), Manu Rivas (min. 64), Álvaro Casas (min. 68), Santi de Prado (min. 71), Carlos Pérez (min. 80)Goles: 0-1 Guerrero (min. 32); 0-2 Manu Ferreiro (min. 46); 0-3 Garrido (min. 82)Incidencias: partido correspondente á 20ª xornada disputada no Estadio Vero Boquete de San Lázaro

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...