
FUNDACIÓN · 16 XUÑO 2026
ZAS, A PUNTO PARA A SÚA 10ª EDICIÓN DO DÉPORCAMPUS
O Concello de Zas ultima a súa 10ª edición dos DeporCampus Cabreiroá, en colaboración co Club Deportivo Concello de Zas.Trátase dunha das sedes máis lonxevas e que para esta edición conta co renovado céspede do campo de fútbol do Manuel Platas Reinoso.O acto de presentación contou con Manuel Muiño, alcalde de Zas; José Brenlla, tenente de alcalde; e Sergio Maurente, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 20 ao venres 24 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo implantarán en Zas a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.O de Zas, do mesmo xeito que o resto dos DéporCampus repartidos por toda Galicia, inclúe:-Seguro de accidentes deportivos.-Unha equipación deportiva por cada quenda semanal, composta de camiseta, pantalón e medias.-Almorzo consistente en auga, barritas e froita.-Diploma.-Sorteo de agasallos.Máis información e inscricións premendo neste enlace.

O Alevín A e o Benxamín A avanzan a oitavos de final do Mini ...

O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación comparte unha xorn...

O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada c...

O Alevín A e o Benxamín A comezan este martes 16 de xuño a sú...

A RC Deportivo Fundación levou a cabo en Cambre unha nova act...

Últimas horas para apuntarse aos DéporCampus Cabreiroá de Lug...