RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo Business Club pon o broche final á temporada cunha xornada de deporte, 'networking' e celebración en Xaz

DÉPOR · 16 XUÑO 2026

O RC DEPORTIVO BUSINESS CLUB PON O BROCHE FINAL Á TEMPORADA CUNHA XORNADA DE DEPORTE, 'NETWORKING' E CELEBRACIÓN EN XAZ

O RC Deportivo Business Club celebrou o peche da temporada cunha xornada especial que reuniu empresas, directivos e profesionais que forman parte desta iniciativa impulsada polo RC Deportivo para fomentar as relacións empresariais e a xeración de oportunidades de negocio entre os seus membros.A clausura tivo lugar nas instalacións de Golf Xaz, onde os asistentes gozaron de diferentes actividades deportivas, coma golf e pádel, que serviron como punto de encontro nun ambiente distendido e propicio para fortalecer vínculos profesionais máis alá do ámbito estritamente empresarial.A xornada concluíu cun cóctel celebrado no Pazo de Xaz, un espazo que permitiu ás persoas participantes compartir experiencias, analizar os retos e oportunidades do tecido empresarial galego e poñer en valor as conexións xeradas ao longo de toda a tempada.Desde a súa creación, o RC Deportivo Business Club consolidouse como un punto de conexión entre empresas de distintos sectores, promovendo sinerxías, colaboracións e novas oportunidades de negocio a través de encontros periódicos, actividades exclusivas e experiencias vencelladas ao sentimento deportivista.

BussinesClub30616.jpg

Con esta cita, o club empresarial pecha unha temporada marcada polo crecemento da comunidade e a consolidación dun espazo onde deporte e empresa se unen para crear valor.O RC Deportivo Business Club xa traballa na vindeira temporada, con novos encontros, actividades e oportunidades para seguir ampliando a súa rede de contactos. Desde a organización animan a todas aquelas empresas e profesionais interesados en formar parte deste proxecto a sumarse a unha iniciativa que continúa medrando e que se converteu nun referente de 'networking' empresarial en Galicia.A temporada remata, pero as relacións, oportunidades e proxectos que nacen no RC Deportivo Business Club continúan o seu camiño. O reencontro será na vindeira temporada.

BussinesClub20616.jpg