RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Semana do Dépor co regreso progresivo dos internacionais e coa volta á liga en Mendizorroza

DÉPOR · 16 NOVEMBRO 2026

SEMANA DO DÉPOR CO REGRESO PROGRESIVO DOS INTERNACIONAIS E COA VOLTA Á LIGA EN MENDIZORROZA

O Deportivo regresa á competición coa visita ao Deportivo Alavés prevista para o sábado 21 de novembro ás 14:00 en Mendizorroza, nun partido retransmitido en directo por Movistar LaLiga.Os Nosos, con 15 puntos, ocupan a 9ª posición en LaLiga EA Sports.Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de adestramento no Dépor Training Center.A última, o venres 20 de novembro, atrásase ás 12:00 porque a primeira hora da tarde, o equipo viaxará a Vitoria nun voo que despega do Aeroporto de A Coruña a primeira hora da tarde.Estes días irán chegando os internacionais que teñen compromisos coas súas respectivas seleccións.O primeiro en aterrar no Aeroporto de A Coruña será Nsongo Bil, este martes 17 a primeira hora da mañá e xa directo a adestrar ao Dépor Training Center.Lorenzo Amatucci e Lucas Noubi, que se enfrontan entre si no Italia - Bélxica Sub-21 deste luns, chegan á cidade este martes 17 e adestraranse xa o mércores 18.O xoves 19 incorporarase David Mella ao traballo mentres que Jose María Giménez o fará o venres 20 tras aterrar en A Coruña o xoves 19 pola noite.A planificación semanal é a seguinte:Martes 17 de novembro10:30 h.Mércores 18 de novembro10:30 h.Xoves 19 de novembro10:30 h.Venres 20 de novembro12:00 h.Sábado 21 de novembro14:00: Deportivo Alavés - Deportivo, en Mendizorroza