
CANTERA · 15 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO 15 CON EMPATE DUN DÉPOR ABANCA B MÁIS LÍDER
En ANOSACANTEIRA, o Dépor ABANCA retomou a competición este domingo 15 de novembro ante o Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso de A Coruña.As Nosas, sen 6 titulares que estaban convocadas co primeiro equipo, sumaron 1 punto tras un empate sen goles (0-0) e xa avantaxan en 4 os seus inmediatos perseguidores: Real Oviedo e SD Eibar B.Tamén este domingo 15 o Orzán SD Sub-21 venceu por 0-1 á SD O Val con gol de Carla Miranda e suma 19 puntos na 6ª posición da Tercera Federación.E en Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil goleou por 4-0 á UD Carral e remata a xornada na 2ª posición do grupo con 24 puntos.Este sábado 14, o Orzán SD Cadete impúxose (0-11) á SD O Val e lidera o grupo con 18 puntos.Na Liga Gallega infantil, o Orzán SD Infantil A superou por 7-0 ao Oza Juvenil SD, resultado que mantén as orzanistas con 15 puntos á fronte do grupo A da Liga Gallega.Mentres que o Orzán SD Infantil B, no grupo B, caeu (10-0) na súa visita ao Bergantiños CF e segue na táboa con 3 puntos na 6ª praza.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación9ª xornada: VICTORIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0Tercera Federación10ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Carla Miranda)Primera Autonómica10ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 4 (Marta Moreno -2-, Mishelle Calviño e unha futbolista rival en propia meta) - UD CARRAL 0Liga Gallega cadete6ª xornada: CD NARÓN 0 - ORZÁN SD CADETE 11 (Inés Neira -3-, María López-Perales -2-, Lorena Anastase -3-, Amara Naceur, Lara Vázquez e Helen Vega)Liga Gallega infantil5ª xornada, Grupo A: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Daniela Muiño, Mencía Queijas, Catalina Seoane -2- e Ariadna Arroyo -3-) - OZA JUVENIL SD 05ª xornada, Grupo B: BERGANTIÑOS CF 10 - ORZÁN SD INFANTIL B 0

Lucas Noubi mídese á Italia sub-21 de Amatucci este luns 16 d...

Nsongo Bil visita este luns 16 de novembro a Namibia nun novo...

As Nosas toman un respiro ata o mércores 18 de novembro

Atropelo no Dépor ABANCA - FC Barcelona

O RC Deportivo expresa a súa profunda indignación pola actuac...

O RC Deportivo conquista o Premio Paraugas á Mellor Creación ...