
DÉPOR · 15 NOVEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO CONQUISTA O PREMIO PARAUGAS Á MELLOR CREACIÓN OU ESTRATEXIA DE MARCA
O RC Deportivo foi distinguido na 11ª edición dos Premios Paraugas co galardón á Mellor Creación ou Estratexia de Marca, un recoñecemento ao proxecto de renovación da súa identidade corporativa, presentado baixo o lema «Nova identidade. Mesmo sentimento».O xurado valorou a campaña coa que o Club deu a coñecer o seu novo escudo, a súa tipografía e a súa identidade visual, un proxecto que representa moito máis ca unha transformación estética: é unha nova maneira de expresar quen somos, de onde vimos e cara a onde queremos camiñar.O Dépor é historia, orgullo, memoria e sentimento. É unha paixón que pasa de xeración en xeración, que se transmite en ABANCA-RIAZOR e que permanece intacta máis alá dos resultados. Unha identidade que evoluciona, pero que nunca perde aquilo que a fai única.Este premio supón un recoñecemento ao traballo de todas as persoas que fixeron posible o proxecto e, sobre todo, a unha maneira de entender o deportivismo: renovar a nosa imaxe para seguir sendo os mesmos.Representaron o Club na gala celebrada no Teatro Jofre de Ferrol Borja Calvo, Responsable de Marca; e Marta Castro, Responsable de Contidos Dixitais.Os Premios Paraugas, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, contan cun xurado integrado por 15 profesionais dos ámbitos do deseño, a publicidade, a creatividade, a comunicación e o marketing.Un novo motivo de orgullo para toda a familia deportivista.


Lucas Noubi mídese á Italia sub-21 de Amatucci este luns 16 d...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

Nsongo Bil visita este luns 16 de novembro a Namibia nun novo...

As Nosas toman un respiro ata o mércores 18 de novembro

Atropelo no Dépor ABANCA - FC Barcelona

O RC Deportivo expresa a súa profunda indignación pola actuac...