
DÉPOR · 15 NOVEMBRO 2026
ATROPELO NO DÉPOR ABANCA - FC BARCELONA
O Dépor ABANCA sufriu un atropelo esta tarde no partido da 11ª xornada de Liga F ante o FC Barcelona, que rematou nun inxustísimo 1-1.Vega adiantou a As Nosas no minuto 48, tras o descanso, e empatou o Barça cun gol de Van Asten no minuto 102, cando no minuto 92 a colexiada do encontro, a madrileña Elisabeth Calvo, asegurara ao delegado de campo que o choque ía chegar ata o 100.Así pois, o FC Barcelona igualou o choque fóra de tempo.Tras empatar, a árbitra, auténtica protagonista do partido, decidiu seguir prolongando o encontro ata chegar ao minuto 106.Ante tamaña barbaridade, o RC Deportivo acordou suspender a rolda de prensa oficial de Alberto Rodríguez e cinguirse a un comunicado oficial.Con este resultado a todas luces inmerecido, o Dépor ABANCA queda con 12 puntos na 10ª posición.Coas baixas por lesión de Merle Barth, Millene, Espe Pizarro, Eva Alonso e Inês Pereira; e de Michi Apóstol por sanción, ANOSACANTEIRA tomou a remuda e ata 6 xogadoras do Dépor ABANCA B entraron na convocatoria: Antía Veiga, Paula Hernández, Carla Casti, Karla, Valbuena e Antía Mayo.O partido arrancou cun ritmo lento.O primeiro disparo a portería, aos 5 minutos e desde a frontal da área, foi de Mayssa, demasiado alto.O Barça dominaba pero o Dépor ABANCA non perdía de vista a portería de Gemma.Aos 25 minutos, unha contra que iniciou cun cano Lucía Rivas desembocou nunha galopada de Marisa. Algo escorada, o disparo da campioa do mundo non chegou a coller portería e marchou alto.A pesar de enfrontarse a un dos mellores equipos do mundo, Tarazona apenas tivo que intervir.Á media hora, Lucía Pardo, noutra transición deportivista, intentou colocar o balón raso ao pau esquerdo. Reaccionou ben Gemma, que detivo a pelota.Respondeu o Barça cunha xogada de Rosalía pola banda dereita que acabou nun centro ao corazón da área pero o remate final de Aitana tapouno co seu corpo Caracas.Aos 40 minutos, noutro contragolpe, é Ainoa a que marcha en velocidade pero chuta alto.Case co tempo cumprido, Marta remata de cabeza no segundo pau un saque de esquina que sacou Redru case baixo paus. Foi a mellor ocasión do Barça coa que concluíu a primeira metade.

Tras o paso polos vestiarios, saltou a sorpresa.Noutra contra de libro Lucía Rivas pon o balón ao segundo pau para que Vega, que chegaba en solitario, rematase á rede poñendo o 1-0 entre o delirio da bancada.Lanzouse o Barça a pola portería de Tarazona.Así, no minuto 63, Pina chuta ás mans de Tarazona e pouco despois, Pajor cruza en exceso o balón nunha posición quizais algo escorada.Apertaban as azulgrás, atónitas polo que estaba a suceder.Nunha falta ensaiada, Lucía Pardo chuta desde moi lonxe rozando o traveseiro da portería do FC Barcelona.Alberto Rodríguez refresca o equipo: Sofía, Karla e Paula Hernández substitúen a Vega, Lucía Rivas e Ainoa.A colexiada do encontro anulou un tanto a Claudia Pina por claro fóra de xogo da dianteira barcelonista.E chegou o atropelo.Van Asten empatou o partido cunha espléndida cabezada tras un centro lateral pero fóra de tempo, xa que chegou no minuto 102.E Elizabeth Calvo prolongou o encontro incomprensiblemente ata o 106 aínda que o marcador xa quedou en 1-1.Deportivo ABANCA: Tarazona, Caracas, Adri, Elena, Vega (Sofía, min. 73), Redru, Olaya, Lucía Rivas (Karla, min. 73), Lucía Pardo (Paula Novo, min. 92), Ainoa (Paula Hernández, min. 73) e Marisa (Antía Mayo, min. 92)FC Barcelona: Gemma, Marta, Aitana, Serrajordi (Patri Guijarro, min. 59), Carla Julià, Aícha (Van Asten, min. 46), Martina, Rosalía, Mayssa (Pajor, min. 59), Cabetas (Sydney e Noa Jiménez (Claudia Pina, min. 59)Árbitra: Elisabeth Calvo, do comité madrileño. Amoestou a Claudia Pina (min. 84)Goles: 1-0 Vega (min. 48); 1-1 Van Asten (min. 102)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 4.112 espectadores


Lucas Noubi mídese á Italia sub-21 de Amatucci este luns 16 d...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

Nsongo Bil visita este luns 16 de novembro a Namibia nun novo...

As Nosas toman un respiro ata o mércores 18 de novembro

O RC Deportivo expresa a súa profunda indignación pola actuac...

O RC Deportivo conquista o Premio Paraugas á Mellor Creación ...