
DÉPOR · 15 NOVEMBRO 2026
NSONGO BIL VISITA ESTE LUNS 16 DE NOVEMBRO A NAMIBIA NUN NOVO ENCONTRO DA COPA DE ÁFRICA
Nsongo Bil está concentrado coa selección absoluta de Camerún para disputar dous partidos ante Namibia correspondentes á 3ª e 4ª xornada da Copa de África de nacións.A segunda cita entre ambas as seleccións está fixada este luns 16 de novembro ás 13:00 (hora local, 14:00 en Galicia) no Botswana National Stadium de Gaborone (Botsuana).Os cameruneses lideran o grupo G con 7 puntos despois de 3 partidos disputados polos 3 puntos de Namibia.O primeiro dos dous encontros fixados celebrouse o pasado xoves 12 de novembro no Stade Omnisport da cidade camerunesa de Douala.Venceu Camerún por 2-0 e ademais cun gol do dianteiro deportivista, o seu segundo coa selección absoluta do seu país.Nsongo Bil foi titular e estivo no céspede 80 minutos, momento no que foi substituído por Bikoue.O calendario de partidos de Nsongo Bil, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Xoves 12 de novembroCAMERÚN 2 - NAMIBIA 0Luns 16 de novembro13:00 (hora local, 14:00 en Galicia): NAMIBIA - CAMERÚN, no Botswana National Stadium de Gaborone (Botsuana)Ata a data, Nsongo Bil suma 12 partidos xogados na súa primeira temporada en LaLiga EA Sports, 11 deles como titular, nos que anotou 2 goles.

Lucas Noubi mídese á Italia sub-21 de Amatucci este luns 16 d...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

As Nosas toman un respiro ata o mércores 18 de novembro

Atropelo no Dépor ABANCA - FC Barcelona

O RC Deportivo expresa a súa profunda indignación pola actuac...

O RC Deportivo conquista o Premio Paraugas á Mellor Creación ...