
DÉPOR · 16 NOVEMBRO 2026
¡QUENTA, QUE SAES!, CELEBRA O NOSO 120 ANIVERSARIO XOGANDO EN ABANCA-RIAZOR
O Dépor cumpre 120 anos e queremos celebralo contigo dun xeito moi especial. Despois de tantos anos animando desde a bancada, agora queremos darche a oportunidade de saltar ao terreo de xogo e sentirte protagonista en ABANCA-RIAZOR.Por iso, organizamos un torneo de fútbol 7 para os nosos abonados, unha experiencia única para compartir a nosa paixón polo deportivismo, formar o teu propio equipo e gozar do fútbol desde dentro do campo, coa posibilidade de disputar a gran final no noso estadio.O torneo desenvolverase en dúas fases:Fase previa: celebrarase o sábado 28 de novembro, de 15:30 a 20:30 horas, no Dépor Training Center. Os equipos competirán nunha fase eliminatoria, con partidos de 20 minutos de duración, da que sairán os dous finalistas.Gran final: terá lugar o martes 8 de decembro, ás 11:00 horas, en ABANCA-RIAZOR, onde os dous equipos finalistas loitarán por proclamarse campións do torneo do 120 aniversario.A participación estará limitada a 12 equipos de 12 xogadores e xogadoras cada un, por razóns de capacidade e dispoñibilidade de campos. Os equipos poderán ser mixtos e todas as persoas participantes deberán ser maiores de idade.Cada equipo deberá contar con catro capitáns que sexan abonados do RC Deportivo, requisito indispensable para participar.As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos establecidos.Anímaste a formar o teu equipo e vivir o Dépor desde o céspede?Inscríbete premendo aquí.120 anos de historia. Ven formar parte dela.Vémonos no campo! Forza Dépor!

Novo partido do Dépor o sábado ás 14:00, desta vez o 5 de dec...

O Dépor ABANCA B suma 1 punto sen 6 das súas titulares e aume...

Lorenzo Amatucci, ante Lucas Noubi no Italia - Bélxica sub-21...

Lucas Noubi mídese á Italia sub-21 de Amatucci este luns 16 d...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

Nsongo Bil visita este luns 16 de novembro a Namibia nun novo...