Terra Deportes publica:O Deportivo conseguiu en Sevilla a primeira vitoria a domicilio da segunda volta. Pero non sen polémica, pola actuación arbitral de Mejuto que anulou dous goles ao Sevilla provocando o enfado de xogadores e afección sevillista.
O Deportivo superou a proba en Sevilla, pero dará moito que falar. E iso que os branquiazuis comezaron fortes marcando dous goles en trece minutos. Fíxoos Jokanovic, de cabeza. O Deportivo deixou de lado a debilidade doutros partidos lonxe de Riazor.
Con todo o Sevilla non morreu, porque no minuto 18 recortou diferenzas cun gol de Juan Carlos, tanto que serviu para espoliar aos locais, apoiados por unha afección que abarrotou o Sánchez Pizjuán.
Desde entón o Deportivo optou pola precaución e foi o Sevilla quen levou a iniciativa de face á portaría de Songo´ou.
Mejuto, protagonista
Na segunda parte Mejuto asumiu o protagonismo. Na segunda parte o Sevilla movía o balón, aínda que sen moita lóxica e con moita precipitación.
Choveu moito en Sevilla e ccon a choiva Mejuto aguantou o ballón, ao anular un gol a Marchena, a instancias dun asistente.
Esa decisión supuxo o enfando da afección do Sevilla, moi molesta coas arbitraxes. O precedente inmediato estaba no partido da pasada xornada conta o Ath. de Bilbao. É máis, solicitaron ao seu equipo que se fosen do terreo de xogo.
No medio do enfado, Roy Makaay aproveitou a súa velocidade para pór o 1-3 definitivo nos últimos momentos de partido.