RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

A Coruña, primeiro equipamento do Dépor 2019-2020

O Real Club Deportivo estreará, como cada temporada, deseño de camiseta para afrontar a 2019-2020. O novo equipamento branquiazul está inspirado nas bandeiras do Dépor que asolagan a cidade cada vez que se achega un acontecemento importante, lembrando especialmente como a cidade tinguiuse de branquiazul en cada ascenso de categoría e, fundamentalmente, no primeiro gran recordo en cor do deportivismo, o de 1991.

Porque o obxectivo final é ese ascenso de categoría e que A Coruña se volva a encher de bandeiras branquiazuis para celebralo, esta temporada a camiseta destaca por axuntar eses dous símbolos, a forza da bandeira deportivista e o nome da cidade na parte posterior do pescozo. Son dúas das grandes novidades dunha peza para a que non só buscou esa referencia.

Esta temporada o Estadio ABANCA-RIAZOR cumpre 75 anos de vida. Tres cuartos de século que o Club quere celebrar e lembrar. Riazor foi durante todo este tempo, fundamentalmente, un campo de fútbol, o estadio do Dépor. Un Dépor que, durante 48 dos 75 anos do Estadio (50 en total), tamén foi un Club polideportivo con seccións de xadrez, atletismo, baloncesto, balonmán, boxeo, ciclismo, hockey herba, hockey patíns, natación, rugby e tenis.

Esas seccións deron grandes alegrías ao deporte coruñés e ao propio Dépor que, en homenaxe a algunhas delas, utiliza por primeira vez para o equipo de fútbol, o equipamento azul e branco a raias horizontais que tantas veces defenderon con orgullo e paixón especialmente os atletas e ciclistas do Real Club Deportivo. Tres participacións olímpicas, un campionato de Europa e 46 títulos nacionais conseguiu o Dépor en atletismo e moitos deses logros traballáronse e conseguíronse no estadio de Riazor defendendo unha camiseta como a que este ano se vai a lucir. Ou nin máis nin menos que unha Vuelta a España de ciclismo, a que gañou Julián Barrendero co escudo do Dépor no peito, o dun equipo ciclista que tamén tivo camisolas a raias horizontais.

- Foto izda.: Os irmáns Emilio, José, Delio e Pastor Rodríguez coa camiseta do Dépor nos anos 40 -
- Foto dcha.: Antonio Martín Eguía coa camiseta do Dépor nos anos 40 -

Foto: - vidaatleticadegalicia.org - Manuel C. Gayoso, atleta olímpico mentres militaba no Club, coa camiseta do Dépor -

 


As bandeiras do Dépor, A Coruña engalanada con elas e a homenaxe aos deportivistas que durante medio século defenderon o escudo e a camiseta noutras disciplinas. Esas son as razóns para honrar "A Coruña", o primeiro equipamento do Dépor 19-20.